Artigos

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Lembrando a Gramsci

O pasado 22 de xaneiro cumpríronse 111 anos do nacemento de Gramsci na illa de Cerdeña e o vindeiro 27 de abril fará 75 anos da súa morte, como consecuencia da súa detención nunha cadea do réxime fascista de Musolini. Secretario xeral do Partido Comunista italiano, intelectual creativo, polémico, recreou a interpretación do marxismo como ninguén no contexto da Europea occidental. Foi quen de ligar o feito económico, co poder e as clases dominantes, a cultura hexemónica, a loita de clases, e a construción do poder popular. Gramsci é unha das leituras obrigadas para todo aquel que se propoña como obxectivo unha transformación liberadora da sociedade.

Ler máis...

Celso Emilio Ferreiro: derradeira entrevista en Venezuela.

En 2012 conmemórase o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Con motivo dese aniversario, o Parlamento de Galiza dedicoulle o ano ao poeta de xeito oficial.

Ler máis...

Jovita Pérez, viúva de Xosé Velo: in memoriam

Jovita Pérez  (Celanova, outubro 1915- Caracas, decembro 2011)

Ler máis...

14 días de folga no transporte de Lugo (1977).

No ano 1977 a provincia de Lugo foi escenario de varios e importantes conflitos e mobilizacións sociais, unha situación que desde a realidade actual pode que non sexa doado entender, polo que é un motivo máis pra lembrar estes feitos a fin de comprender a enorme transformación económica e social que houbo desde aquela conxuntura histórica.

Ler máis...

Acordo unificación ING-CTG (1980)

No serán do 3 de outubro de 1980 realizouse no Quiosco Alfonso da Coruña a sinatura do acordo de unificación entre a Intersindical Nacional Galega (ING) e máis a Confederación de Traballadores Galegos (CTG), diante duns 600 delegados e delegadas das dúas centrais sindicais, o que deu lugar á INTG. Desde a FESGA aportamos un caderno que repasa un episodio mais dentro da acumulación de forzas do sindicalismo nacionalista e de clase na Galiza.

Ler máis...

Temidos e respectados, a insurrección de abril de 1846 en Galiza

En 1846 tería lugar no noso país unha insurrección que deixaría fonda pegada na historia da nosa nación. O proceso insurreccional tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar ao governo do conservador Narvaez (do partido moderado), primeiro, e despois substituído por Istúriz, e recobrar a unidade territorial de Galiza que se consideraba pola Xunta Superior de Galiza “unha colonia da Corte”.

Ler máis...

Álvaro Cunhal, fillo adoptivo do proletariado

No seguinte texto da autoría de Xurxo Martínez Crespo mergullámonos na biografía dunhas das figuras de maior relevo da esquerda portuguesa. Álvaro Cunhal, quen fóra Secretario Xeral e indiscutíbel lider do Partido Comunista Portugués, coadxuvou a escribir algunhas das máis importantes páxinas da historia do país irmán. O seu infatigábel compromiso militante, como patriota e comunista exemplar, marca o perfil de quen desde a práctica e a teoría fixo importantes achegas ao movemento comunista internacional. Se o PCP foi e segue a ser unha referenza para todos os movementos emancipadores de Europa e do Mundo, en boa parte débese ao contributo incalculábel de Cunhal.

Ler máis...

Arredor de José María Mosqueira Manso.

A vida do capitán Mosqueira Manso deixa pequena a de calquera aventureiro do cine. Ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador, mariño. A Mosqueira Manso debemos a honra, en pleno século XX, de que moitos dos mapas realizados por vez primeira en Venezuela e na República Dominicana levasen a sinatura deste ilustre cormés. Estudoso das tartarugas do Orinoco, o seu traballo verbo as tartarugas arrau (podocnemis expansa) e o descubrimento das tartarugas albinas, hoxe, medio século despois, continúa a ser de gran valía para os estudos destes réptiles.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |