Artigos

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

As outras loitas nacionais alternativas no marco da crise neoliberal.

Ante todo, quero agradecer ao Partido do Traballo de México a invitación para participar deste Seminario Internacional que, debo afirmar, en todas as ocasións anteriores nas que acudín foi enormemente positivo, tanto polo nivel das intervencións, como polo contraste de realidades, ideas e experiencias.

Ler máis...

Pronunciamento da CIG ante a agresión militar ao pobo libio.

Ante a situación creada nos últimos días en torno a Libia, país que está a ser obxecto dunha agresión militar promovida por intereses de carácter puramente imperialista, a Executiva Confederal da CIG, reunida na cidade de Compostela hoxe martes 22 de marzo de 2011, quere facer pública a súa valoración do conflito:

Ler máis...

Baldaio, a rebeldía teimosa.

No seguinte traballo, da autoría de Manuel Mera, dase conta do histórico proceso mobilizador que tivo lugar en Baldaio na altura do 1977, e que marcou un fito na capacidade de mobilización social do movemento nacional popular galego naquela altura

Ler máis...

Pacto da Moncloa: a clase obreira traizoada.

Hai agora algo máis de 33 anos que se asinou, o 25de outubro de 1977, o chamado Pacto da Moncloa, ao que se atribúe a consolidación da transición. Ousexa, que se impedira a ruptura democrática, con todo o que tería significado: república e hexemonía das clases populares, e polo tanto unha clara consolidación dos dereitos sociais e nacionais negados.O pacto social de 1977 está de novo de actualidade,xa que varios medios de información e analistas compararon o recente acordo en materia de pensiónsco da Moncloa, polas súas semellanzas (dado aimportancia da cesión de rendas).

Ler máis...

Xosé Sesto, o home que non só vivía de pan.

No seguinte traballo Xurxo Martínez Crespo presenta unha aproximación biográfica de Xosé Sesto, unha figura relevante do noso pobo, desde unha óptica próxima e cálida. Reflíctese no texto non só o perfil de nítido compromiso de Pepe Sesto, senón que tamén se esbozan os principais trazos da compoñente humana do artista, do encadernador.

Ler máis...

Galegos na defensa de Bos Aires: o "Tercio de Gallegos" de 1806.

No traballo que a continuación dispoñibilizamos para a súa consulta e descarga en PDF, faise unha aproximación histórica á achega realizada pola diáspora galega na defensa da capital Arxentina fronte os ataques ingleses. Nese marco, sería significada a creación o 17 de setembro de 1806 do “Tercio de Gallegos” formado por 536 homes.

Ler máis...

O Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL).

Cúmprense 50 anos da toma do buque Santa María por parte da organización denominada "Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación", mais popularmente coñecida polo seu acrónimo: o DRIL, unha organización que se definía como antifascista e que combatía as ditaduras de Salazar e Franco, en Portugal e no E. Español respectivamente.

Ler máis...

A reforma das pensións.

Estamos ante unha nova entrega desta serie de reformas e recorte de dereitos, promovidas polo capital financeiro e as institucións políticas e financeiras que o serven, e executadas, no ámbito institucional, por aquelas forzas políticas de dereitas ou aquelas outras supostamente de "esquerdas", que levan anos defendendo o modelo capitalista neoliberal como o grande benefactor do desenvolvemento económico e o equilibrio social.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |