Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Entrevista a Adrián Sotelo

Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), estivo no noso país a comezos do verán para presentar O precariado. Unha nova clase social? No seu novo libro, publicado en galego pola Fundación Moncho Reboiras, o intelectual mexicano cuestiona as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

Ler máis...

[Booktrailer] O precariado. Unha nova clase social?

Traducido ao galego e editado recentemente pola Fundación Moncho Reboiras, este libro de Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), pon en debate as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

Ler máis...

Novo video documental: "70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio"

O audiovisual pretende por en valor o legado do Consello de Galiza fronte a un "proceso de xestación da autonomía que evitou calquera referencia ao único organismo herdeiro da legalidade usurpada ao pobo galego desde 1936", ao contrario que nos casos vasco e catalán cos seus respectivos organismos equivalentes. No relato, tamén se poñen de relevo os grandes esforzos para lograr unha definitiva aprobación do Estatuto Galego polo goberno da República no exilio fronte ás actitudes negadoras de importantes sectores do mesmo.

Ler máis...

Crónica audiovisual do acto da Greve Geral en Porto deste 27 de xuño, convocada pola CGTP-IN

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA ofrece un resumo en video e unha galería de imaxes do acto que a CGTP-IN organizou en Porto coincidindo coa Greve Geral convocada este 27 de xuño contra as continuas agresións do goberno do PSD/CDS-PP á clase traballadora portuguesa

Ler máis...

Videos das Xornadas Internacionais de Economía "Comprendermos a crise"

O 23 e 24 de novembro, a Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) organizou en Lugo, no Museo Provincial, co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo as XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMÍA: “COMPRENDERMOS A CRISE E OS SEUS EFECTOS NO BENESTAR SOCIAL

Ler máis...

Experiencias do sector hortícola en Galiza

Experiencias do sector hortícola en Galiza from FESGA on Vimeo.

Ler máis...

Entrevista a Víctor De Gennaro, deputado nacional da Arxentina

A FESGA entrevistou a Víctor De Gennaro, deputado nacional na Arxentina polo FAP (Frente Amplio de Progreso), segunda forza política nas recentes eleccións residentes. Víctor é  militante da Unidad Popular e ex-secretario xeral da CTA (Central de Trabajadores de la Argentina). Visitou o noso país convidado pola Confederación Intersindical Galega xunto a Pablo Micheli, actual secretario xeral da CTA. Na entrevista fala acerca da situación económica e actualidade política da Arxentina, así como do ascenso das forzas populares e da esquerda en toda Latinoamérica.

Ler máis...

Entrevista a Pablo Micheli, secretario xeral da CTA

A FESGA entrevistou a Pablo Micheli, secretario xeral da CTA (Central de Traballadores da Arxentina), que visitou Galiza convidado pola Confederación Intersindical Galega. No audiovisual, fálanos sobre a loita da CTA en prol do recoñecemento da "personería gremial" da central polo goberno arxentino e da situación actual da clase traballadora no país latinoamericano en plena crise sistémica.

Ler máis...

Novo pacto social no que CCOO e UGT asumen a postura da patronal

A FESGA presenta un audivisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME ("II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva") , para o cal entrevistamos a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e máis a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto