Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Entrevista a Pablo Micheli, secretario xeral da CTA

A FESGA entrevistou a Pablo Micheli, secretario xeral da CTA (Central de Traballadores da Arxentina), que visitou Galiza convidado pola Confederación Intersindical Galega. No audiovisual, fálanos sobre a loita da CTA en prol do recoñecemento da "personería gremial" da central polo goberno arxentino e da situación actual da clase traballadora no país latinoamericano en plena crise sistémica.

Ler máis...

Novo pacto social no que CCOO e UGT asumen a postura da patronal

A FESGA presenta un audivisual que recolle a análise sobre o recente acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME ("II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva") , para o cal entrevistamos a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e máis a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva da central.

Ler máis...

A FESGA apresenta o documental "O sector enerxético en Galiza"

A FESGA vén de apresentar o traballo audiovisual "O sector enerxético en Galiza. Situación e perspectivas de futuro", que contou co apoio da Deputación Provincial da Coruña. Nel trázase un percorrido que enumera as diferentes tipoloxías de xeración e explotación de enerxía no noso país,  a cuestión da soberanía enerxética, os custes medioambientais ou a importancia económica do sector. Ademais, trátanse cuestións de actualidade como o "Decreto do Carbón" ou a emerxencia das renovábeis.

Ler máis...

Folga Xeral do 24-N en Portugal, éxito da clase traballadora (vídeo)

A FESGA desprazouse até Porto para recoller en vídeo unha das concentracións que a principal central sindical portuguesa (a CGTP-IN) organizou como colofón da "maior xornada de loita dos últimos tempos" que logrou paralizar os principais sectores do país irmán. Os motivos da convocatoria respostaban á loita contra a política de auteridade , o aumento brutal dos custes de vida, a sobre-explotación, o desemprego, a precariedade, as privatizacións e recortes sociais como a supresión da extra do Nadal, medidas brutais que se intensificaron despois do "resgate" da economía portuguesa.

Ler máis...

Caixas Galegas: crónica dun expolio (video-reportaxe)

A Fesga-Fundación Moncho Reboiras apresenta unha reportaxe de 12 minutos de duración sobre as consecuencias da privatización das caixas galegas sobre a economía do noso país. Conta coas entrevistas a Xavier Vence (catedrático de Economía Aplicada na USC), Clodomiro Montero (Secretario Nacional da CIG-Banca e Aforro) e mais a Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento galego).

Ler máis...

"Wisconsin é mostra do despertar da loita de clases no seo do Imperio" Berta Joubert-Ceci

Berta Joubert-Ceci, do Partido Mundo Obreiro dos EUA, valorou como un síntoma do "despertar da loita de clases" no seo do "imperio" o importante proceso mobilizador e de protesta que tivo lugar en Wisconsin contra dun proxecto de lei que retallaba os dereitos sindicais e menoscababa o papel dos sindicatos. A seguir publicamos o vídeo no que se recolle a ponencia que Joubert-Ceci presentou no marco do XV Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade” organizado polo Partido do Traballo de México, celebrado en marzo de 2011.

Ler máis...

Isabel Rauber fala da "Construción de gobernos populares para os cambios revolucionarios na América Latina"

A seguir ofrecemos o vídeo que recolle a intervención de Isabel Rauber, a respecto da "Construción de gobernos populares para os cambios revolucionarios na América Latina", no marco do XV Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade" organizado polo Partido do Traballo de México, celebrado en marzo de 2011.

Ler máis...

Darío Machado explica os lineamentos económicos e sociais que van ter lugar en Cuba

Co gallo do transcendente VI Congreso do Partido Comunista de Cuba, que se está a realizar entre o 16 e o 19 de abril, coa asistencia de 1.000 delegados e delegadas, coidamos de interese esta intervención de Darío Machado sobre o evento e os temas a debate. A intervención foi realizada o pasado mes de marzo no marco do XV Seminario Internacional “Os partidos e unha nova sociedade” realizado na cidade de México e organizado polo Partido do Traballo dese país.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |