Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Hugo Moldiz analiza as contradiccións internas nos procesos de liberación en Latinoamérica

Neste vídeo Hugo Moldiz trata un tema de enorme actualidade e preocupación para a esquerda de América Latina e o mundo, como son as contradicións internas nos gobernos e países en procesos de liberación. Destaca as diferencias do momento actual a respecto de hai uns poucos anos, e como mudaron as contradicións, por exemplo aquelas que xorden por mor das relacións entre o Estado e a sociedade, e polo tanto como debemos pensar o exercicio do poder.

Ler máis...

Intervención de Marcela Revollo (deputada boliviana) no XV Seminario Internacional de México.

A seguir orfecemos o vídeo da intervención de Marcela Revollo Quiroga, Deputada Nacional na Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia polo Movemento Sen Medo, no XV Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade", unha iniciativa do Partido do Traballo de México. O evento transcurriu durante o 17, 18 e 19 de marzo de 2011 na cidade de México.

Ler máis...

Intervención de César Navarro Miranda (MAS, de Bolivia) no XV Seminario Internacional de México.

Neste vídeo reproducimos a intervención de César Navarro Miranda (integrante do MAS), viceministro de Coordinación cos Movementos Sociais, da República Plurinacional de Bolivia. O relatorio fíxose no XV Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade", unha iniciativa do Partido do Traballo de México. O evento transcurriu durante o 17, 18 e 19 de marzo de 2011 na cidade de México, e ao mesmo asistiron máis de cen organizacións de case que 40 países, a maioría de América Latina, sendo un dos aspectos centrais a debate: os procesos alternativos de nación.

Ler máis...

“Acordo Social e Económico”, ruína da clase traballadora (video-reportaxe)

“Hemos hecho algo en materia de pensiones que seguramente nadie de los que estamos aquí imaginaba que podríamos hacer”, declaraba o secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, durante a escenificación do enésimo pacto social entre goberno, patronal e sindicatos estatais.

Ler máis...

Entrevista a Clodomiro Montero (CIG-Banca): Privatización das caixas, saqueo do aforro galego.

Tralo anuncio da pretensión do goberno central (PSOE) de privatizar ás caixas de aforro a través da súa bancarización, entrevistamos ao Secretario Nacional da Federación da Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing da CIG, Clodomiro Montero. Na mesma analisa a situación que enfronte a caixa galega (Novacaixagalicia), a que responde esta decisión do goberno español, así como o impacto que a bancarización tería para o país e para o propio colectivo de traballadoras/es, alén de expresar cal é a posición da CIG fronte a esta ameaza.

Ler máis...

A reforma das pensións no debate parlamentar (entrevista a Olaia F. Davila)

A FESGA ofrece unha entrevista a Olaia Fernández Davila, ex-dirixente do sindicalismo nacionalista e parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados estatal, na cal se trata do debate da reforma das pensións no parlamento español e na comisión do Pacto de Toledo, así como unha valoración dos recortes e medidas antisociais realizados polo goberno de Rodríguez Zapatero. Para a deputada nacionalista "as reformas respostan á capitulación do goberno fronte ao gran capital", unha situación na cal "é necesario seguir a defendermos as conquistas sociais".

Ler máis...

Vídeo-entrevista a Gonzalo Gómez: Revolución bolivariana e poder obreiro en Venezuela.

Aproveitando a estancia de Gonzalo Gómez Freire, cofundador do dixital venezolano Aporrea.org e integrante do PSUV -e dentro deste da corrente Marea Socialista-, no noso país, durante a que ofreceu unha interesante palestra que tivo lugar o pasado 11 de xaneiro en Vigo organizada por FESGA, realizámoslle a videoentrevista que a seguir publicamos.

Ler máis...

A gran mentira das pensións (vídeo)

Ás portas da folga xeral convocada pola central sindical nacionalista e de clase CIG para o vindeiro 27 de xaneiro, faise imprescindíbel tamén o combate sindical no eido da batalla das ideas.

Ler máis...

Reportaxe audiovisual sobre Monte Cabalar (A Estrada)

Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra que agrupa aproximadamente 3.600 propiedades de máis de 1.000 propietarios  nunha explotación gandeira en extensivo con máis de 700 ha de monte fechadas nas parroquias de Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e Souto (concello d´A Estrada) co obxectivo de intervir sobre o abandono e o minifundio. Exponse unha síntese do proceso social xerado a partir de marzo de 2006  que culminou positivamente na  constitución da cooperativa coa participación de máis de 330 soci@s, e na materialización do  proxecto: a experiencia dunha explotación silvopastoral en réxime coooperativo.

Ler máis...

Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra (entrevista a Dionisio Pereira)

Baixo o título "Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra", ofrecemos o derradeiro dos tres capítulos que conforman o documental "Síntese Histórica do movemento obreiro galego", editado pola FESGA. Desta volta, o historiador Dionisio Pereira traza un percorrido que parte dos primeiros xermes sindicais no século XIX e remata co golpe de estado fascista de 1936, pondo fin a unha etapa de continuo ascenso do movemento obreiro.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |