Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Entrevista a Adolfo Muñoz, secretario xeral de ELA

Entrevistamos a Adolfo Muñoz, secretario xeral de ELA-Euskal Sindikatua, no marco do Encontro Sindical Internacional que este pasado 19 de novembro reuniu en Compostela representantes de diferentes sindicatos europeus que debateron sobre a resposta á crise en cada país. Muñoz repostou ás preguntas da xornalista Paula Castro  a cerca da actualidade política, da situación económica e das loitas sindicais en Euskal Herria.

Ler máis...

Rui Paixao, da CGTP-IN, entrevistado sobre a folga xeral do 24-N en Portugal

Entrevistamos Rui Paixão, membro da executiva do consello nacional da CGTP-IN, no marco do Encontro Sindical Internacional que este pasado 19 de novembro reuniu en Compostela representantes de diferentes sindicatos europeus que debateron sobre a resposta á crise en cada país. Para Rui Paixão, "só a loita creará alternativas para a mudanza política que precisa Portugal".

Ler máis...

Mundo do traballo e organización de clase na postguerra e primeiro franquismo (1936-1960).

Neste segundo capitulo do video-documental elaborado por FESGA, en colaboración coa Deputación da Coruña, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984”, o historiador Uxío Breogán Dieguez Cequiel analiza un período que marcará profundamente a realidade actual do movemento obreiro.

Ler máis...

Anselmo L. Carreira no Congreso 1600 anos do Reino de Galiza

A seguir ofrecemos a gravación da intervención realizada polo historiador Anselmo López Carreira no "Congreso Internacional 1600 anos do Reino de Galiza" no día 5 de outubro de 2010, baixo o título "O Reino Suevo na historiografía".

Ler máis...

Sindicalismo e nación galega.

Presentamos a seguir un capítulo do video-documental elaborado por FESGA, en colaboración coa Deputación da Coruña, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984”.

Ler máis...

Razóns para ir á folga (vídeo).

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fai un chamamento a participar masivamente na folga xeral convocada para este mércores, día 29 de setembro, neste video-entrevista no que lembra que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora das nosas condicións de vida, sempre se conseguiron pola vía da mobilización e da folga. Salienta ademais que coas medidas que se están a adoptar preténdese que paguemos unha crise que non provocamos e aposta por conquistar un modelo económico e social que favoreza un xusto reparto da riqueza e que evite a súa concentración en poucas mans, como ocorre actualmente.

Ler máis...

Reportaxe: Mocedades Galeguistas (vídeo e texto).

Desta volta, no marco da serie iniciada co traballo sobre ”A Irmandade Galega”, presentamos unha reportaxe arredor das “Mocedades Galeguistas”, organización xuvenil de fondo carácter nacionalista constituída na diáspora e cunha relevante achega desde o exilio.

Ler máis...

Intervención de Hugo Chávez no III Encontro Sindical "Nosa América".

Os pasados 21, 22 e 23 de xullo, tivo lugar na cidade de Caracas (na República Bolviariana de Venezuela) o III Encontro Sindical "Nosa América". No que participaron numerosas centrais sindicais e organizacións de diversas latitudes do planeta, pero nomeadamente do ámbito latinoamericano.

Ler máis...

Reportaxe: A Irmandade Galega (artigo e vídeo).

Iniciamos, a seguir, o que será unha nova liña de contidos no sitio web da fundación, fundamentalmente adicada a posibilitar un coñecemento en maior profundidade sobre temas, persoas ou organizacións de especial interese. A través destas reportaxes, que combinarán un clip de vídeo cun texto, pretendemos dispoñibilizar tamén materiais e documentos de valor histórico.

Ler máis...

Hugo Moldiz: "En Bolivia, o noso horizonte estratéxico e o socialismo comunitario"

A seguir publicamos o vídeo no que se recolle a intervención do xornalista Hugo Moldiz, que tivo lugar no marco do XIV Encontro Internacional “Os partidos políticos e unha nova sociedade” organizado polo Partido do Traballo de México, que tivo lugar en marzo do presente ano.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |