Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da UE

Novas

O vindeiro sábado 7 de xullo, continuamos coas mesas redondas dos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que celebramos coa Fundación Galiza Sempre, Coppieters Foundation e a Fundación Moncho Reboiras.

A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da Unión Europea. É o titulo da próxima mesa redonda que organizaremos o sábado 7 de xullo, ás 10h no Salón de actos da Fundación ONCE na Coruña (Rúa Cantón Grande, 3-A).

O encontro estará moderado pola Eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Participarán desta mesa de debate e análise:

  • Albert Noguera. Profesor de Dereito Constitucional. Universidade de Valencia. A Unión Europea como clube de Estados e non como unión dos pobos e nacións de Europa.
  • Mikael Bodlore-Penlaez. Activista bretón, experto en minorías nacionais, impulsor da extensión “.bzh” e fundador do portal “eurominority.eu” Atlas das Nacións sen Estado de Europa.
  • Encarna Otero Cepeda. Historiadora.
  • Luis Gonçalvez Blasco, “Foz”.Lingüista. Membro da Académia Galega da Lingua Portuguesa. A carta de Brest e a loita polo recoñecemento de Galiza como nación en Europa.

A próxima data destes encontros de debate, análise e reflexión será o 25 de Xullo (Día da Patria Galega), no Espazo Ideas do Festigal 2018, ás 19h. Desta volta baixo o titulo, “A soberanía: Alternativas á ditadura do mercado”.

 


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto