Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A soberanía: alternativa á ditadura do mercado

Novas

O vindeiro venres, día 5 de outubro terá lugar a derradeira conferencia que se enmarca nos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que organizamos conxuntamente coa Fundación Galiza Sempre e Coppieters Foundation.

Nesta ocasión o titulo da mesa redonda é “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado” que se celebrará o venres 5 de outubro, ás 16:30h no Salón de actos da Fundación ONCE na Coruña (Rúa Cantón Grande, 3-A).

A secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, será a encargada de presentar e moderar a xornada na que se abordará:

  • A soberanía como ferramenta de xustiza social fronte á ditadura do mercado

Para tratar esta cuestión intervirán os secretarios xerais da Confederación Sindical Catalana-CSC, Carles Sastre; de Eusoko Lagileen Alkartasuna-ELA, Adolfo Muñoz e da Confederación Intersindical Galega, Paulo Carril.

  • Cara unha democracia feminista: soberanía e emancipación na Europa actual

A filósofa e Profesora de Ciencia Política da UPV/EHU, Jule Goikoetxea será a encargada de abordar este tema.

  • Soberanismo como desproletarización. A reapropiación do que é o noso fronte ao capitalismo mafioso, de desposeimento

Correrá a cargo do Profesor Titular de Antropoloxía Social e Socioloxía Social da Universitat Jaume I de Castelló [UJI], Andrés Piqueras Infante.

 


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto