Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 11

Publicacións

Neste novo número de Comprendermos, publicamos un dossier central sobre os Pactos da Moncloa, co gallo de se cumpriren este 25 de outubro, 40 anos da súa sinatura. Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, debulla nestas páxinas o significado dos acordos asinados en 1977 por UCD, AP, PSOE, PCE, PSP, CiU e PNV, e as nefastas consecuencias que tiveron para o movemento obreiro e o conxunto do pobo traballador.

Entrevistamos tamén o sociólogo mexicano Adrián Sotelo, en relación co libro que publicou recentemente a nosa Fundación, O precariado. Unha nova clase social? O autor, profesor na Universidade Autónoma de México (UNAM), é un dos sociólogos marxistas de maior relevancia na análise das condicións de traball0 e das mutacións na organización do modo de produción capitalista contemporáneo.

Na sección Conceptos, seguimos coa exposición do breve mais esencial texto de Marx, Salario, prezo e lucro, que inciáramos no anterior número de Comprendermos. Nesta parte, achégamonos ás conclusións de Marx, sobre as relacións entre valor, traballo, capital, salario e plusvalía, e as leccións que o movemento obreiro debe tirar delas, na loita por conquistar definitivamente un mundo mellor.

Finalmente, na Contracapa, ofrecemos un artigo sobre a transcendencia histórica da revolución que hai cen anos levou a clase traballadora ao poder en Rusia e as conquistas sociais que dela se derivaron para toda a humanidade.


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto