Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 12

Publicacións comprendermos

O último número de Comprendermos aborda nas súas páxinas centrais, a relación entre centralización da negociación colectiva e aumento da precariedade. Na súa análise, Francisco González Sío, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, expón tamén a situación da negociación colectiva fronte ás novas realidades de subcontratación que multiplican as casuísticas de precarización da forza de traballo, tales como as falsas e falsos autónomos, as empresas multiservizos, os Centros Especiais de Emprego, as ETT e o traballo transnacional derivado da Directiva de Servizos da Unión Europea.

Entrevistamos o secretario nacional da Federación de Industria da CIG, Xoán Xosé Bouzas Aboi, para avaliar con el a situación do tecido industrial do noso País, logo de transcorridos dez anos de crise (e axuste) capitalista. Analízanse nesta entrevista os claros síntomas de desertización industrial, e a perspectiva coa que o sindicalismo nacionalista e de clase encara a negociación colectiva, e a súa aposta en alargar a conflitividade e a mobilización para recuperar dereitos.

Un artigo de Margarida Corral, secretaria confederal da Muller da CIG preséntanos a convocatoria a secundar o vindeiro 8 de marzo un Paro de Mulleres. Esta iniciativa, orientada a preparar unha Folga Internacional de Mulleres no 2019, foi impulsada na súa orixe por compañeiras arxentinas e polacas, e extendida a máis de 45 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e hormes nas condicións de traballo, na esfera social, e o dereito a vivir sen violencia.

Finalmente, na Contracapa, Manuel Mera analiza a chamada Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais en Galiza, aprobada polo Partido Popular coa finalidade real de transferir ao capital máis recursos públicos procedentes do traballo.


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto