Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Presentación do caderno “100 anos da revolución socialista en Rusia”

Novas

O pasado 19 de decembro presentouse no salón de actos da CIG de Vigo o caderno 100 anos da revolución socialista en Rusia. A presentación da obra correu a cargo do presidente da Fundación Moncho Reboiras, Suso Seixo, quen foi precedido polo secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberte Gonçalves, seguíndose dun coloquio coas persoas asistentes.

Mediante esta publicación, profusamente ilustrada e de marcado carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o fito que supuxo a toma do poder pola clase traballadora e a construción do primeiro estado obreiro na historia. A Revolución Socialista de Outubro rebordou os marcos do Imperio tsarista, fortalecendo as loitas da clase traballadora a nivel mundial e dándolle un importante pulo aos procesos de liberación das colonias e nacións oprimidas.

Este caderno integra tres traballos complementarios:

  • A Revolución Rusa. Texto elaborado sobre a base da obra publicada por Óscar Landi e Isidoro Cheresky, na colección Siglomundo, en Bos Aires en 1969.
  • O influxo da Revolução de Outubro na Galiza. Texto de Carlos F. Velasco Souto, historiador e profesor da Universidade da Coruña.
  • O legado de Outubro. Texto de Xabier Pérez Igrexas.

O caderno 100 anos da revolución socialista en Rusia pode atoparse nos locais da CIG. Tamén pode descargarse e difundirse libremente desde este sitio web.


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto