Quen somos

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Presentación

A Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza (FESGA) é unha fundación de interese galego constituída pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en maio do 2004, coas seguintes finalidades:

  • Fomentar o estudo e a investigación sobre cuestións sociais e laborais, en xeral.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia dos sindicatos e do movemento obreiro galego, particularmente do sindicalismo nacionalista.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia de Galiza, especialmente os temas sociais e económicos, e a participación da nosa emigración nos movementos sociais no exterior.
  • Estudar a realidade actual da clase obreira galega e dos movementos sociais, así como a problemática nacional.
  • Divulgar na clase obreira galega e os movementos sociais do país outras experiencias exteriores.
  • Formar dirixentes e cadros sindicais, delegados e traballadores que desexen ter unha maior participación sindical.
  • Dar a coñecer as experiencias, análises e reflexións do sindicalismo galego, especialmente o nacionalista, a outras centrais sindicais do exterior e outros movementos sociais en xeral.
  • Ser depositaria dos arquivos da Confederación Intersindical Galega.
  • Recoller, catalogar, clasificar e dixitalizar a documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego, en todos os campos de acción.
  • Facilitar a consulta aos estudantes e investigadores, da documentación arquivada na Fundación.
  • Divulgar e fomentar o estudo e investigación, no campo histórico e xurídico, daqueles temas que contribúan á mellora das condicións da clase obreira. Así como doutras ciencias sociais.

A Fundación Moncho Reboiras desde a súa constitución ten desenvolvido múltiples colaboracións e ten sido patrocinada por diferentes administracións públicas (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Concellos de Pontevedra, etc).

 

Padroado da fundación

O Padroado da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza está conformado polas seguintes persoas:

  • Xesús E. Seixo Fernández – Presidente
  • Manuel Mera Sánchez – Secretario
  • Uxío Breogán Diéguez Cequiel – Apoderado
  • Paulo S. Carril Vázquez - Vogal
  • Margarida Corral Sánchez - Vogal
  • Xosé Francisco Miranda Vigo – Vogal
  • Antolín Alcántara Álvarez – Vogal
  • Ramiro Oubiña Parracho – Vogal
  • Nicolasa Castro Monteiro – Vogal
  • Elvira Souto Presedo – Vogal
  • Xosé Lois Rivera Jácome – Vogal
  • Bautista Vega Tato - Vogal

Liñas de actuación

Actualmente, a Fundación Moncho Reboiras ten principalmente seis liñas de actuación:


1. Documentalismo.

Recollida, catalogación, clasificación e dixitalización de documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego en todos os campos de acción.

Xestión do arquivo histórico da CIG e do arquivo audiovisual de memoria do sindicalismo nacionalista galego que dá lugar ao Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego.

2. Formación.

Organización de cursos, xornadas e conferencias-coloquio de formación sindical.

3. Publicacións e comunicación.

Edición de libros, cadernos, revistas e/ou folletos.
Divulgación a través da Internet.

4. Audiovisual.

Realización e edición de audiovisuais, principalmente en formato documental.

5. Eventos e xornadas.

Organización de eventos, xornadas ou conferencias con finalidade divulgativa.
Presenza da fundación en diferentes eventos, feiras ou encontros.

6. Exposicións.

Realización, edición e montaxe/desmontaxe de exposicións divulgativas.

Documentalismo

A Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza é depositaria dun arquivo histórico derivado do sindicalismo nacionalista galego. Na práctica, un elenco documental cedido pola Confederación Intersindical Galega (CIG), que cronoloxicamente atinxe desde os anos ‘70 até a actualidade.

Desde a súa constitución no ano 2004, a Fundación Moncho Reboiras marcouse como unha prioridade a posta en valor do devandito fondo documental, en cumprimento dos apartados g) e h) do artigo 3 dos Estatutos da entidade. Dando lugar desde o mesmo, composto por miles de pezas orixinais, a un Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego.

 O Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego, está administrado pola Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza. Conta con documentos que remiten á actividade sindical nacionalista, desde o Sindicato Obreiro Galego (SOG) até a Confederación Intersindical Galega (CIG), pasando pola Intersindical Nacional Galega (ING), a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e a Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), entre outras centrais sindicais.

O Centro de Documentación está situado na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 – 3º de Compostela (sede nacional da CIG), contando co apoio da Deputación da Coruña, ao través do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

O responsábel do Centro de Documentación é o profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez. As consultas presenciais poden realizarse, sempre baixo a supervisión da persoa responsábel do Centro de Documentación.

O horario de atención ao público do Centro de Documentación é de 10:30 a 15:00 h., os luns, xoves e venres, podendo realizarse consultas presenciais das series documentais, previa cita, en horario de mañá ou tarde. A tal efecto pódese escribir ao seguinte enderezo electrónico: fesga@fesga.net

Formación

A Fundación Moncho Reboiras desenvolve anualmente unha programación de cursos de Formación Sindical dirixidos á afiliación e delegados/as da CIG por toda Galiza, abordando materias de Lexislación e Relacións Laborais:

  • Introdución aos dereitos no traballo.
  • Interpretación e cálculo de nóminas.
  • Cálculo de liquidacións.

Alén desa programación básica, desenvólvense tamén cursos de formación político-sindical.

Tal e como se indica no epígrafe de publicacións, a Fundación Moncho Reboiras é autora e editora dun numeroso material didáctico propio.

Publicacións e comunicación

Dende a súa creación, a Fundación Moncho Reboiras (antes como FESGA) ten elaborado e editado un importante número de publicacións, en diferentes formatos (libro ou monografía, cadernos, folletos e revistas), sintetizando a pretensión de ofrecer materiais de calidade co obxectivo de que estes acadasen a máis ampla difusión.

 

Monografías (editadas pola CIG, en coedición con Promocións Culturais Galegas; colección “Ter Razóns”)

 

  • O sindicalismo nacionalista galego. 1972-1982. (Máiz Vázquez, Bernardo; Alonso, Bieito); Vigo; 2003; 108 p.
  • Actores sociais, loitas reivindicativas e política popular. (Rauber, Isabel); Vigo; 2003; 96 p.
  • Adeus ao traballo? Ensaio sobre as metamorfoses e a centralidade do mundo do traballo. (Antunes, Ricardo); Vigo; 2003; 120 p.
  • O século XXI. Socialismo ou barbarie? (Mészáros, István); Vigo; 2003; 104 p.
  • Xénero e poder. Ollada desde América. Ensaio testemuño. (Rauber, Isabel); Vigo; 2004; 164 p.
  • A reestruturación do mundo do traballo. Superexplotación e novos paradigmas da organización do traballo. (Sotelo Valencia, Adrián); Vigo; 2005; 204 p.
  • O mundo do traballo fronte á globalización capitalista. (Martufi, Rita; Vasapolo, Luciano); Vigo; 2007; 132 p.

 

Monografías editadas pola Fundación Moncho Reboiras/FESGA

 

  • Historia en imaxes do sindicalismo nacionalista da Galiza. Unha historia vivida. (FESGA); Vigo; 2004; 120 p.
  • 1984 – 2004. 20 anos, 10 folgas xerais. (FESGA); Vigo; 2004; 52 p.
  • Historia en imaxes da Confederación Intersindical Galega. 2001-2005. Traballamos para facer país (FESGA); Vigo; 2005; 132 p.
  • As bisbarras de Muros e Fisterra. Realidade socio-económica e perspectivas. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2005; 120 p.
  • Galegos na Arxentina. Unha ollada fotográfica. (Pérez Leira, Lois); Vigo; 2006; 132 p.
  • Estudo socioeconómico da bisbarra de Bergantiños (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2006; 144 p.
  • Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica. (Martínez Crespo, Xurxo); Vigo; 2007; 156 p.
  • Estudo socioeconómico da Terra de Soneira (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2007; 96 p.
  • Estudo socioeconómico da bisbarra de Ortergal (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2007; 152 p.
  • Caderno de formación: “Da lingua galega e nós”. (García Negro, Pilar; et al.); Vigo; 2007; 42 p.
  • Caderno de formación: “A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas”. (Vence Deza, Xavier); Vigo; 2008; 34 p.
  • Galegos en Bizkaia, Galiziarrak Bizkaian. Gabriel Aresti – Manuel María. (Martínez Crespo, Xurxo; Río Díaz, Raúl); Vigo; 2007; 90 p.
  • A Loita Labrega contra os foros e o caciquismo – A un século da primeira asemblea agraria galega. (Mera, Manuel); Vigo; 2008; 48 p.
  • Caderno de experiencias internacionais: “Construción popular cooperativa. A experiencia do MTL na Arxentina”. (Chile, Carlos); Vigo; Novembro 2008; 17 p.
  • Caderno de experiencias internacionais: “Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular. Aspectos teóricos e experiencias.” (Gambina, Julio; et al.); Vigo; Novembro 2008; 38 p.
  • Memoria das xornadas internacionais de economía social (de traballo e consumo). (VV.AA); Vigo; 2008; 80 p.
  • Estatuto do Traballador. (FESGA; con il. de Luís Davila); 1ª Ed.; Vigo; 2009; 175 p.
  • Caderno de formación: “A crise do capitalismo mundial: unha ollada desde o marxismo (a través dos Grundrisse)”. (Sotelo Valencia, Adrián); Vigo; Maio 2009; 32 p.
  • Estudo socioeconómico das bisbarras de Arzúa e Terra de Melide, e concellos de Curtis e Vilasantar. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2009; 212 p.
  • Síntese histórica do soberanismo galego. (1846-1936). (Diéguez Cequiel, Uxío Breogán); Vigo; 2009; 58 p.
  • Estatuto do Traballador. (FESGA; con il. de Luís Davila); 2ª Ed.; Vigo; 2009; 175 p.
  • As folgas xerais de 2001 e 2002 – Contra a reforma laboral e en defensa da protección social. (Mera, Manuel); Vigo; 2009; 56 p.
  • A reconversión naval de 1984 na Galiza – Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país. (Mera, Manuel); Vigo; 2009; 48 p.
  • Introdución á Economía Política – Notas sobre algúns conceptos necesarios para comprender e transformar a realidade. (C. Gambina, Julio; et al.); Vigo; 2010; 68 p.
  • Síntese histórica do Movemento Obreiro Galego. Das orixes até 1984. (Pereira, Dionisio; et al.); Vigo; 2010; 72 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 1-2-3. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 72 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 4-5-6. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 72 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 7-8. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 48 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 9-10. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 52 p.
  • Caderno de formación sindical: “Modos de produción e relacións laborais”. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2008; 40 p.
  • Caderno de formación sindical: “Nóminas e Seguridade Social”. Vigo; 2009; 58 p.
  • Nóminas e Seguridade Social. Supostos prácticos e titorías a distancia. Vigo; 2009; 48p.
  • Caderno de formación sindical: “Cálculo de liquidacións e indemnizacións por despido”. (Mariño Paz, Eva); Vigo; 2009; 90 p.
  • Cálculo de Liquidacións e indemnizacións por despido. Supostos prácticos e titorías a distancia. Vigo; 2009; 64p.
  • Caderno de formación sindical: “Propostas en materia de xénero e igualdade de oportunidades”. Vigo; 2009; 54 p.
  • Manual de formación sindical: “Alfabetización informática, Introdución á ofimática”. (Pérez Igrexas, Xabier); Vigo; 2009; 84 p.
  • Caderno de formación sindical:”O contrato de traballo”. (Mariño Paz, Eva; Pérez Igrexas, Xabier); Vigo; 2010; 42 p.
  • Caderno de formación sindical: “Técnicas de Negociación Colectiva”. (Bermúdez Pérez, Silvia; Pérez Igrexas, Xabier); Vigo; 2011; 64 p.
  • Libro “Do Piñeirismo ao Consello de Mocedade”.(Garrido Couceiro, Xoán Carlos; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán). A Coruña; 2013; 188 p.
  • Libro “Reflexións arredor da Galiza para o debate”. (Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (coord.); e VV.AA); Compostela; 2015; 200 p.
  • Libro “1972. Organización de clase e construción nacional. 45 aniversario”. (Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Compostela; 2017; 128 p.
  • Libro “O precariado. Unha nova clase social?”. (Sotelo Valencia, Adrián); Compostela; 2017; 192 p.

 

Revistas

 

  • Revista Información Histórica. Nº0; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Maio 2005; 8p.
  • Revista Información Histórica. Nº1; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Novembro 2005; 12p.
  • Revista Información Histórica. Nº2; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Xullo 2006; 12p.
  • Comprendermos. Do nº 1 (2015) ao nº 12 (decembro 2017). Suplementos de 8 páxinas que se publican 4 veces ao ano en parcería co semanario Sermos Galiza.

 

Folletos e polípticos

 

  • O galego con humor (12 viñetas de debuxantes galegos). (VV.AA.); Vigo; 2008; 10.000 exemplares.
  • A representación dos/as traballadores/es. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2009; 5.000 exemplares
  • Percorrido pola historia da nación galega. (Mera, Manuel); Vigo; 2010; 15.000 exemplares.
  • Castelao, o nacionalista galego máis representativo e universal – Biografía e escolma de textos do “Sempre en Galiza” co gallo dos 60 anos do seu pasamento. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Vigo; 2010; 10.000 exemplares
  • 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega – 1972: un ano de loita fundamental na historia da clase traballadora de Galiza. (Mera, Manuel); Vigo; 2010; 9.000 exemplares.
  • Os congresos obreiros galaico-portugueses. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán; il. Tokio); Vigo; 2011; 3.000 exemplares.
  • O Reino Suevo da Gallaecia. (Mera, Manuel; il. Tokio); Vigo; 2010; 5.000 exemplares.
  • O estaleiro naval de Ferrol na historia. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán; il. Tokio); Vigo; 2012; 5.000 exemplares.
  • As folgas do ferrocarril Zamora-A Coruña de 1931-32. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Vigo; 2013; 5.000 exemplares.
  • 70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Compostela; 2015; 5.000 exemplares.
  • As Irmandades da Fala. O centenario do nacionalismo galego (Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Compostela; 2016; 5.000 exemplares.
  • O sindicalismo galego na Transición (1972-1977). (Mera, Manuel); Compostela; 2016; 32 p.; 5.000 exemplares.
  • Cen anos da revolución socialista en Rusia. (Landi, Óscar; Cheresky, Isidoro; Velasco Souto, Carlos F.; Pérez Igrexas, Xabier); 2017; 32 p.; 800 exemplares

 

Internet e redes sociais

Coa finalidade de acadar a máxima difusión para as súas actividades e publicacións, a Fundación Moncho Reboiras mantén un sitio web corporativo, e unha presenza nas redes sociais con perfís de Facebook e de Twitter.

 

Audiovisuais

Conscientes da crecente relevancia dos soportes audiovisuais, a fundación tenlle dado un importante pulo á creación videográfica, fundamentalmente en formato documental.

Documentais en DVD

 

  • “Ferreiros dun mundo mellor”. 40’. 2005.
  • “As bisbarras de Muros e Fisterra. Realidade socio-económica e perspectivas”. 45’. 2005.
  • “Bergantiños, unha ollada en perspectiva”. 32’. 2006.
  • “Ortegal. Olladas e perspectivas”. 45’. 2007.
  • “Metal en loita”. 40’. 2007.
  • “Lección de dignidade”. 121 días de folga en Transportes La Unión. 55’. 2005.
  • “Galiza en Venezuela”. 45’. 2007.
  • “Galiza en Canarias”. 28’. 2007.
  • “Galiza en Andorra”. 55’. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “Experiencias de Economía Social no sector primario”. 34’. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “Vídeo memoria das II Xornadas de Economía Social (vivenda e crédito)”. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “1984: Tres folgas xerais contra a reconversión”. 55’. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • Documentario “Do Piñeirismo ao Consello de Mocedade”. 16’. 2014. Realización: Bernal Rúa.
  • Documentario “70 anos do Consello da Galiza”. 13’. 2015. Realización: Bernal Rúa.
  • Documentario “As Irmandades da Fala”. 12’. 2016. Realización Bernal Rúa.
  • Documentario “O sindicalismo galego na transición (1972-1977). 15’. 2016. Realización Bernal Rúa.

Alén dos materiais xa mencionados, a Fundación Moncho Reboiras desenvolve actividades de filmado e edición de vídeos específicos de/para actos, eventos ou procesos de mobilización relacionados coas súas finalidades. Así mesmo ten realizado entrevistas en vídeo que foron dispoñibilizadas na Internet para o seu acceso público.

Xornadas, eventos e conferencias divulgativas:

  • Xornadas Internacionais de Economía Social (de traballo e consumo). 13-14 de xuño de 2008; Compostela. Coa colaboración da Federación de Cooperativas SINERXIA e da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza.
  • II Xornadas Internacionais de Economía Social (de vivenda e crédito). 21-22 de novembro de 2008; Vigo. Coa colaboración da Federación de Cooperativas SINERXIA e da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza.
  • Produción do Acto de Entrega dos Premios 10 de Marzo no Día da Clase Obreira Galega da CIG. Compostela; 2009 e 2010.
  • Produción do Acto de Entrega dos Premios 8 de Marzo da CIG. Compostela; 2010.
  • Presenza con stand propio no FESTIGAL (Compostela, 2008 ,2009,2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016 e 2017) e no Foro Social Galego (Compostela 2008).
  • Xornadas Internacionais de Economía “Comprendermos a crise e os seus efectos nas políticas de benestar. Orixes, desenvolvemento e alternativas”, realizadas en Lugo coa colaboración da Deputación provincial os días 23 e 24 de novembro de 2012.

    O evento contou coa participación dun panel de expertas e expertos de obxectiva relevancia internacional: María do Carmo García Negro, Bernardo Valdês Paços (Galiza); Pedro Carvalho (Portugal); Miren Etxezarreta (Cataluña); Luciano Vasapollo, Rita Martufi (Italia); Adrián Sotelo (México).

  • Xornadas Internacionais Comprendermos a Crise "Europa na encrucillada: crise, euro e UE", realizadas en Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra, os días 11 e 12 de abril de 2014.

    O evento contou coa participación dun panel de expertas e expertos de obxectiva relevancia de Francia, Catalunya, Portugal, Uruguai e Galiza.

  • Conferencias-coloquio:
  • A situación política e social en Euskal Herria”. Decembro 2007. Poñente: José Elorrieta, Secretario Xeral de ELA-STV.
  • A situación política e social en Euskal Herria”. Xaneiro 2008. Poñente: Rafa Díez Usabiaga, Secretario Xeral de LAB.
  • A crise e os escenarios posíbeis”. Abril 2008. Poñente: Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Presente e futuro da revolución cubana nun mundo en transformación”. Outubro 2008. Poñente: Darío Machado, Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba.
  • Desafíos actuais da clase traballadora no Uruguai”. Novembro 2008. Poñente: Leonardo Batalla, Responsábel de Relacións Internacionais da Asociación de Bancarios do Uruguai (AEBU) e membro da Comisión Interrnacional do Partido Comunista de Uruguai.
  • A crise económica mundial, efectos e alternativas na Galiza” . Decembro 2008. Poñente: María do Carmo García Negro, Profesora Titular da Área de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Venezuela após as eleccións. Situación dos galegos en Venezuela”. Xaneiro 2009. Poñente: Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do xornal dixital Aporrea.org.
  • Crise, resistencias e alternativas. Unha perspectiva desde México”. Febreiro 2009. Poñente: Adrián Sotelo Valencia, sociólogo mexicano e profesor na Universidade Nacional Autónoma de México.
  • Uruguai entre dúas voltas: o momento político e social actual”. Novembro 2009. Poñente: Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América.
  • Venezuela: andaina dunha revolución”. Xaneiro 2010. Poñente: Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do xornal dixital org.
  • Sindicalismo e movementos sociais en América Latina hoxe”. Abril 2010. Poñente: Leonardo Batalla, Representante do Plenario Intersindical de Traballadores (PIT-CNT) do Uruguai no Capítulo Uruguaio da Alianza Social Continental e membro do Grupo Coordinador do Encontro Sindical Nossa América.
  • Presentación do libro “Reflexións arredor da Galiza para o debate”. Vigo. Libraría Cartabón. 15 de outubro de 2015. Poñentes: Xesús Seixo, Manuel Mera e Uxío-Breogán Diéguez. Autores.
  • Presentación do libro “Reflexións arredor da Galiza para o debate”. Santiago de Compostela. Vide-vide espazo enocultural. 5 de novembro de 2015. Poñentes: Xesús Seixo, Rubén Lois e Uxío-Breogán Diéguez. Autores.
  • Presentación do libro “Reflexións arredor da Galiza para o debate”. Ourense. Café Cultural Auriense. 11 de febreiro de 2016. Poñentes: Xesús Seixo, Rubén Lois e Uxío-Breogán Diéguez. Autores.
  • “América Latina fronte aos novos desafíos do imperialismo”. Vigo. 7 de xuño de 2016. Poñente: Daniel Coira, Responsábel de Relacións Internacionais do Partido Comunista de Uruguai.
  • “O sindicalismo nacionalista galego na transición (1972-1977)”. Ferrol. Fundaçom Artàbria. 26 de decembro de 2016. Poñente: Bernardo Máiz Vázquez. Historiador.
  • “Nacionalismo galego e cuestión obreira no tardofranquismo (1969 a 1975)”. A Coruña. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. 28 de decembro de 2016. Poñente: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Historiador.
  • “Loita popular e procesos de transformación. O papel do movemento sindical en América Latina. Vigo. Salón de actos da CIG. 12 de xuño de 2017. Poñente: Jorge Bermúdez. Secretario de Relacións Internacionais do PIT-CNT e secretario xeral da Federación Uruguaia da Saúde (FUS).
  • Presentación do libro “O precariado. Unha nova clase social?”. A Coruña. Salón de actos da CIG. 3 de xullo de 2017. Poñentes: Adrián Sotelo Valencia (autor) e Xosé Manuel Carril.
  • Presentación do libro “O precariado. Unha nova clase social?”. Vigo. Libraría Cartabón. 4 de xullo de 2017. Poñentes: Adrián Sotelo Valencia (autor) e Manuel Mera Sánchez.
  • Presentación do libro “O precariado. Unha nova clase social?”. Pontevedra. Casa da Luz. 5 de xullo de 2017. Poñentes: Adrián Sotelo Valencia (autor) e Anabel Guliás.
  • Presentación do libro “O precariado. Unha nova clase social?”. Santiago de Compostela. Vide, vide! Espazo enocultural. 6 de xullo de 2017. Poñentes: Adrián Sotelo Valencia (autor) e Xesús Seixo Fernández.
  • Presentación do caderno “Cen anos da revolución socialista en Rusia”. Vigo. Salón de actos da CIG. 19 de decembro de 2017. Poñentes: Xesús Seixo Fernández e Alberte Gonçalves.

Exposicións

Outro dos soportes cos que a Fundación Moncho Reboiras traballa na divulgación son as exposicións. Algunhas delas foron itinerantes, percorrendo non só diferentes puntos da xeografía galega senón tamén algúns lugares do resto do Estado español.

 

Exposicións realizadas

 

  • “O exilio galego en Venezuela”. Exposición de 20 paneis de 170 x 90 cm.
  • “O movemento agrarista na Galiza. Aos 100 anos da 1ª Asemblea Agraria de Monforte”. Exposición de 18 paneis de 170 x 90 cm. 2008.
  • “I Asemblea Nacionalista Galega, 90 aniversario”. Exposición de 6 paneis de 170 x 190 cm. 2008.
  • “Dez de marzo de 2009”. Exposición de 10 paneis de 170 x 190 cm. 2009.
  • “Dez folgas xerais, a clase traballadora galega en pé”. Exposición de 7 paneis de 170 x 190 cm. 2009.
  • “Dez de marzo de 2010”.Exposición de 10 paneis de 170 x 190 cm. 2010.
  • Exposición histórica intitulada “Do Piñeirismo ao Consello da Mocidade”. Mostra realizada polo docente Xoán Carlos Garrido Couceiro, o profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, baixo a coordinación de Manuel Mera. Exposición de 10 paneis de 90 x 220 cm. 2013.
  • Exposición histórica intitulada “70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio”. Mostra realizada polo profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, baixo a coordinación de Manuel Mera. Exposición de 8 paneis de 90 x 180 cm. 2015.
  • ™Exposición histórica intitulada “O sindicalismo galego na Transición (1972-1977)”. Mostra dirixida polo profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, con textos de Manuel Mera e realización de Iuri Domènech. Exposición de 9 paneis de 100 x 160 cm e 4 paneis de 200 x 150 cm. 2016: Ferrol, A Coruña. 2017: Santiago de Compostela.

 

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto