Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza
  • Comprendermos | 13

    Publicacións

    Neste novo número do Comprendermos pon o foco nas súas páxinas centrais, na cuestión das pensións, un debate aberto arredor da viabilidade e sustentabilidade do sistema público de pensións, Antolín Alcántara, integrante do Padroado da Fundación Moncho Reboiras,  achega algún datos e argumentos para comprender o verdadeiro alcance do problema político que encerra.

    Ler máis...

  • 100 anos da revolución socialista en Rusia (caderno)

    Publicacións

    Mediante esta publicación de 32 páxinas, profusamente ilustrada e de marcado carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o fito que supuxo a toma do poder pola clase traballadora e a construción do primeiro estado obreiro na historia. A Revolución Socialista de Outubro rebordou os marcos do Imperio tsarista, fortalecendo as loitas da clase traballadora a nivel mundial e dándolle un importante pulo aos procesos de liberación das colonias e nacións oprimidas.

    Ler máis...

  • [Booktrailer] O precariado. Unha nova clase social?

    Audiovisual

    Traducido ao galego e editado recentemente pola Fundación Moncho Reboiras, este libro de Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), pon en debate as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

    Ler máis...

  • O sindicalismo galego na Transición (1972-1977)

    Publicacións

    A Fundación Moncho Reboiras inaugurou o pasado 15 de decembro na Facultade de Humanidades de Ferrol a exposición “O Sindicalismo Galego na Transición (1972/1977)”, na que se aborda cun enfoque divulgativo a xénese, desenvolvemento e consolidación do sindicalismo nacionalista no contexto de pulo do movemento obreiro galego nos últimos anos do franquismo e na transición.

    Ler máis...

  • Caderno: ‘Que se agocha tras a Unión Europea? Unha aproximación crítica’

    Publicacións

    Logo de transcorridos cinco anos desde o inicio da vixente crise capitalista, encetada en 2008 por mor do estalido da burbulla especulativa ligada ao crédito inmobiliario e a súa conseguinte derivación ao sistema financeiro internacional, cobra importancia capital o papel que están a xogar as institucións europeas nesta. De maneira singular a Comisión Europea, como instrumento executivo da propia UE, e o Banco Central Europeo, en tanto organismo regulador da moeda única. Non por casual, ambos niveis que son os chanzos esenciais sob os que se alicerza toda a estrutura da Unión Europea, integran canda a división para Europa do Fondo Monetario Internacional a denominada Troika.

    Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto