Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A Fundación Moncho Reboiras asistiu á I Escola Soberanista celebrada a pasada fin de semana en Donosti

Novas

A fin de semana do 14, 15 e 16 de febreiro a Fundación Moncho Reboiras participou en Donosti xunto con máis de 150 persoas e máis de 30 fundacións, na primeira escola soberanista, organizada polo Foro de Fundacións da Esquerda Soberanista, da cal a Fundación Moncho Reboiras é integrante.

Baixo o título “Democracia XXI: Os pobos soberanos fronte ao autoritarismo” abordáronse tres eixos principais:

  • Entender o tempo no que vivimos.
  • O estudo da crise estructural do Reino de España e os posíbeis escenarios.
  • Análise da soberanía, feminismo, emerxencia climática e as novas vías de emancipación

O obxectivo desta primeira escola era desenvolver de maneira colectiva a proposta soberanista transformadora no momento actual, procurando a unidade de acción entre as fundacións das forzas soberanistas. Unha escola na que se puido partillar visións e crear sinerxias sendo conscientes da diversidade e da pertenza a diferentes pobos.

Esta primeira escola tivo unha valoración moi positiva por parte das e dos asistentes, sendo conscientes da importancia que ten crear lazos de complicidade entre persoas de territorios e tradicións diferentes. Iniciativas como estas funcionan de espazo de debate, intercambio de opinións e análise, mais tamén contribúen á visibilidade pública do soberanismo de esquerda. Por iso, o Foro de Fundacións Soberanistas continuará a crear unha axenda de actividades dando a coñececer as propostas do soberanismo transformador.

Nesta actividade participaron as entidades: 

• Fundación Alkartasuna (Euskal Herria)
• Alternatiba Eraikitzen (Euskal Herria)
• CIEMEN (Països Catalans)
• Fundación Iratzar (Euskal Herria)
• Fundación Ipar Hegoa (Euskal Herria)
• Fundación Isla
• Fundación Nexe
• Fundación Galiza Sempre (Galiza)
• Fundació Darder Mascaró
• Fundación Moncho Reboiras (Galiza)
• Fundación Terra e Tempo de Estudios Nacionalistas. (Galiza)
• Grupo de Estudios Díaz del Moral
• Fundación Manu Robles Arangiz (Euskal Herria)
• Obradoiro da Ideas Lancara (Galiza)
• Poble Lliure (Països Catalans)


Volver

2020 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |