Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A Fundación Moncho Reboiras participou no I Seminario Internacional organizado polo Fórum Soberanista

Novas cig forúm soberanista Gandia internacional

Interveu na mesa de debate sobre os retos pendentes na articulación europea do sindicalismo

Con máis de 150 persoas inscritas, a pasada fin de semana celebrouse en Gandía, País Valencià, o primeiro seminario internacional organizado polo Fórum Soberanista e a Coppieters Foundation. Nestes dous días fortalecéronse as alianzas entre as 15 fundacións sindicais, políticas e culturais soberanistas e de esquerdas que forman parte do Fórum Soberanista, entre as que está a Fundación Moncho Reboiras.

No seminario, tratáronse diferentes temáticas enmarcadas no ámbito europeo, tal como o feminismo desde a perspectiva interseccional, a xestión da diversidade lingüística, o auxe da extrema dereita, o sindicalismo ou a xestión dos conflitos territoriais. O compañeiro Anxo Iglesias participou en representación da Fundación Moncho Reboiras na mesa na que se abordaron e debateron os "retos pendentes na articulación europea do sindicalismo".

A Xunta do Fórum Soberanista valora este primeiro seminario de forma moi positiva e como un paso positivo no obxecto fundacional do Fórum Soberanista. Como un espazo de diálogo que aglutina diferentes organizacións de reflexión en clave democrática, pluralista e soberanista. Reflexión para a acción, evidentemente, pero ante todo análise sobre os diferentes cambios sociais, económicos e tecnolóxicos que actualmente se cruzan nas nosas respectivas sociedades para así intentar transitalos con propostas de profundo carácter progresista.


Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |