Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A gran mentira das pensións (vídeo)

Audiovisual 27-x folga-xeral pensions reforma silvia-bermudez-perez

Ás portas da folga xeral convocada pola central sindical nacionalista e de clase CIG para o vindeiro 27 de xaneiro, faise imprescindíbel tamén o combate sindical no eido da batalla das ideas.

Ás portas da folga xeral convocada pola central sindical nacionalista e de clase CIG para o vindeiro 27 de xaneiro, faise imprescindíbel tamén o combate sindical no eido da batalla das ideas.

Está realmente en perigo o sistema público de pensións? Cal é a súa orixe? É necesaria a súa reforma? Que intereses se agochan tras dos ataques ás pensións públicas? A que responde a reforma antisocial que promove o PSOE? Que resposta debe dar a clase traballadora fronte estas políticas?

Coa pretensión de dar resposta a estas cuestións e de desmontar as numerosas falsidades que se están a difundir reiteradamente a través dos medios de comunicación do sistema, servindo de altofalantes das posicións do capital a respecto do sistema público de pensións, desde a FESGA vemos de realizar un breve audiovisual de algo máis de dez minutos de duración.

Neste traballo a licenciada en dereito e técnica de formación sindical da nosa fundación, Silvia Bermúdez Pérez, bota abaixo de xeito pedagóxico os principais “argumentos” esgrimidos por quen promove a precarización dos sistemas públicos de pensións, deixando en evidencia a sumisión ideolóxica –e tamén económica- dos presuntos expertos independentes cos que públicamente se avalan estas propostas antisociais, e deitando cuestións de relevo a respecto da orixe pero sobre todo do futuro das pensións públicas.

[media id=48 width=530 height=325] Máis información sobre a Folga Xeral.

Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |