Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A reforma das pensións no debate parlamentar (entrevista a Olaia F. Davila)

Audiovisual

A FESGA ofrece unha entrevista a Olaia Fernández Davila, ex-dirixente do sindicalismo nacionalista e parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados estatal, na cal se trata do debate da reforma das pensións no parlamento español e na comisión do Pacto de Toledo, así como unha valoración dos recortes e medidas antisociais realizados polo goberno de Rodríguez Zapatero. Para a deputada nacionalista "as reformas respostan á capitulación do goberno fronte ao gran capital", unha situación na cal "é necesario seguir a defendermos as conquistas sociais".

Segundo Olaia Fernández, "se desde os Orzamentos Xerais do Estado se pagasen os complementos a mínimos, que son os que garanten as pensións mínimas actuais máis as bonificacións das cuotas á Seguridade Social aos empresarios nos contratos de fomento de emprego, a Seguridade Social aforraría 7000 millóns de euros anuais", un exemplo evidente de que é posíbel obter recursos sen necesidade de aplicar graves recortes antisociais que fan pagar á clase traballadora o custe da crise.

[media id=50 width=530 height=325]

Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |