Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Castelao e os bascos (Ebook)

Publicacións

En conmemoración do 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a CIG e maila Fundación Moncho Reboiras (FESGA), coa colaboración da Asociación Galega de Emigrantes Retornados (AGAER), edita en soporte dixital a tradución, acrecentada, ao galego (a cargo de Xurxo Martínez Crespo) do libro “Castelao e os bascos” da autoría de Iñaki Anasagasti.

Castelao e os bascos na súa versión española fora un bestseller en 1985, publicada pola editorial bilbaina Ekin cas súas 607 páxinas, e só ficaban exemplares soltos nalgunhas mans particulares. O traballo de Iñaki Anasagasti chantara un fito senlleiro naquelas datas, pois expoñía, de xeito ameno e divulgador, unhas relacións pouco recoñecidas entre Castelao e os nacionalistas vascos, enxertadas dentro do movimento Galeuzca. Iste sulco xunguidor trinacional arrincaba da Triple Alianza de 1923, colleu pulo espallador durante II República, convertiuse en solidariedade efectiva na Guerra Civil e tomou carta de natureza no exilio.


Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |