Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Charla con Isabel Rauber, presentada por Xesús Seixo (15 de decembro na Universidade de Compostela)

Novas actos isabel-rauber

A FESGA-Fundación Moncho Reboiras organiza unha charla-coloquio coa pensadora latinoamericana Isabel Rauber, baixo o título "Movementos sociais e construción de poder popular, unha ollada desde América Latina". Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, será o encargado de apresentar o acto.  A organización xuvenil Galiza Nova colabora na organización do mesmo.

A FESGA-Fundación Moncho Reboiras organiza unha charla-coloquio coa pensadora latinoamericana Isabel Rauber, baixo o título "Movementos sociais e construción de poder popular, unha ollada desde América Latina". Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, será o encargado de apresentar o acto.  A organización xuvenil Galiza Nova colabora na organización do mesmo.

Será na Faculdade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela (Campus Sur), o xoves 15 ás 20h na aula 0.2

Isabel Rauber é doutora en filosofía e exerce como profesora universitaria e pedagoga política, así como investigadora dos procesos de construción de poder popular desde abaixo na indo-afro-latinoamérica. Publicou numerosos artigos e libros, entre eles: "Hijas del Sol" (México, 1992) , "Proyecto Sujeto y Poder" (R. Dominicana, 1992) , "Construyendo el poder desde abajo" (R. Dominicana, 1994) , "Vírgenes sin Manto" (La Habana 1996; Roma 1998) , "Género y Poder" (Argentina, 1998) , "Una Historia Silenciada" (Argentina, 1998) , "Actores sociales, lucha reivindicativa y política popular" (Argentina UMA, 1998) , "Tiempo de Herejías" (Argentina, 2000) , "Construcción del poder desde abajo, Claves para una nueva estrategia" (España, 2000) , "Movimiento social y representación política, articulaciones" (Cs Soc, La Habana, 2004) , "Sujetos políticos" (Desde Abajo, Colombia, 2006), "La transformación social en el siglo XXI. Miradas desde abajo." (Brasil, 2008)

Podes ver aquí un vídeo editado pola FESGA que recolle a ponencia de I. Rauber no XV Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade" organizado polo Partido do Traballo de México, celebrado en marzo de 2011.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |