Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Compostela

Novas Compostela Marx marxismo Vixencia do pensamento marxista

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Santiago de Compostela sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo de 2018.

Este xoves 7 de febreiro, a Fundación Moncho Reboiras e en colaboración coa A.C. O Galo, continua na cidade de Santiago de Compostela a xeira de encontros, enmarcados no formato conferencia-coloquio, que ademais servirán para presentar a publicación “Vixencia do pensamento marxista”, así como para debater e analizar a contribución de Karl Marx ao pensamento crítico que interpreta a realidade actual. Este ciclo de conferencias tivo inico con gran suceso nas cidades de A Coruña e Ferrol o pasado 27 de novembro do pasado ano.

A publicación que presentamos, conta cun limiar de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras. Un primeiro texto de Claudio Katz, “A relevancia contemporánea de Marx”, o cal analiza a vixencia das análises marxistas e dos métodos empregados en relación co momento actual. Claudio Katz é economista e un dos referentes máis destacados da teoría marxista da dependencia en América Latina,”. Por ultimo, a publicación conta cun segundo texto de V.I. Lenin escrito en 1914, baixo o titulo “Karl Marx, breve esbozo biográfico, cunha exposición do marxismo”.

Encontro en Compostela

A conferencia-coloquio terá lugar ás 19:30h na Libraría Couceiro (Praza Cervantes, nº 6) o xoves 7 de febreiro, e o encontro contará coas intervencións de Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras e Luís Gonçalez Blasco, vogal da A.C. O Galo.


Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |