Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 14

Publicacións comprendermos sermos-galiza

Na nova entrega do Comprendermos, analizamos nas capas principais do caderno a manipulación informativa contra a clase traballadora. Nestes epoca, destaca a ocultación informativa sobre os conflictos existentes no noso páis, o sindicalismo nacionalista e de clase invisibilizado de maneira deliberada e os principais medios de comunicación axen como ferramentas de propaganda ao servizo dos intereses do empresariado, da banca e dos seus gobertos.

Conversamos con José Luís Pérez Pintos, traballador de Servicarne en Frigolouro-Coren a respeito da problemática dos falsos autónomos e da fraude de falsa cooperativa, após unha resolución da Inspección de Traballo en contra da ilegal situación de ultraprecariedade da que son vítimas.

Ademáis, recollemos a presentación realizada o pasado 3 de marzo en Compostela da Plataforma Social Vía Galega. Unha plataforma integrada por entidades e organizacións de diferentes ambitos que buscan, a través da mutua colaboración, unificar esforzos e complicidades na procura dunha mellor defensa dos dereitos nacionais de Galiza. Un dos primeiros acordos na súa fundación é prensentar o vindeiro 18 de Novembro en Lugo a "carta de dereitos do pobo galego" que se dará a coñecer coincidindo co centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918.

Finalmente na capa desta edición do Comprendermos, David Souto, profesor de Dereito na USC e integrante do Colectivo Antirepresivo Esculca, analiza como o estado español emprega todas as ferramentas que está ao seu alcance para reprimir a contestación social e como isto supon un grave ataque aos dereitos civis.

 


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |