Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 19

Publicacións

Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

Nesta nova entrega do suplemento Comprendermos, dedicamos as primeiras páxinas a unha análise realizada por Francisco Sío, Sec. Confederal de Negociación Colectiva, sobre como as plataformas dixitais consolidan novas formas de precarización e de individualización entre a clase traballadora. A economía colaborativa ou a economía dixital está conormando un modelo empresarial baseado en “falsas e falsos autónomas e atónomos”.

Na contra deste número, Pilar Rodríguez, enfermeira e integrante da Executiva Comarcal da CIG-Saúde Vigo, analiza a situación laboral do persoal sanitario e as graves consecuencias nos contratos de continuidade. Unha fórmula aplicada pola Xunta de Galiza que potencia o desmantelamento da sanidade pública galega favorecendo as empresas privadas e prexudicando gravemente as condicións laborais do persoal sanitario.


Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |