Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Crónica audiovisual do encontro “Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen estado"

Audiovisual

O pasado 9 de maio, o 'Mestrado Oficial en Políticas Sociais e Intervención sociocomunitaria’ da Universidade da Coruña (UDC) organizou unha posta en común baixo o titulo "Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen Estado".

O pasado 9 de maio, o 'Mestrado Oficial en Políticas Sociais e Intervención sociocomunitaria’ da Universidade da Coruña (UDC) organizou unha posta en común baixo o titulo "Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen Estado".

Neste encontro participaron o  sociólogo Ramón Grosfoguel (Porto Rico, 1956), profesor da University of California en Berkeley, impulsor e pertencente ao Grupo Modernidade/Colonialidade , doutor en Socioloxía pola Temple University; e o historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Madrid, 1978), profesor da Universidade da Coruña, presidente do Instituto Galego de Historia e especialista en cuestión nacional, así como doutor pola Universitat de Barcelona.

O acto estivo moderado pola profesora da Universidade da Coruña Cathryn Teasley Severino, especialista en Pedagoxía crítica, doutora pola Universidade da Coruña, así como impulsora do encontro.
Neste abordáronse cal é a situación actual e futura do feito colonial, a nivel internacional, e das nacións sen Estado; así como as posíbeis saídas á realidade de dependencia política, social e cultural destas (pondo o foco, en particular, no ámbito ibérico e latinoamericano).


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |