Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Cursos de Formación Sindical 2011-2012

Novas cursos

A seguir preséntanse os calendarios por comarcas nos que se recollen a relación de Cursos de Formación Sindical que FESGA oferta á Confederación Intersindical Galega (CIG). Estas accións de formación intersectorial dirixidas preferentemente a persoas ocupadas, teñen por obxecto contribuír a un mellor coñecemento da lexislación laboral, a negociación colectiva, o cálculo de nóminas e liquidacións e a adquisición de habilidades sociais e comunicacionais. Os cursos están financiados polo Fondo Social Europeo a través da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A oferta formativa divídese en dous períodos: do 14 de setembro ao 30 de decembro do 2011 e do 10 de xaneiro ao 30 de abril do 2012. Cada curso consta de 50 horas lectivas (5 xornadas presenciais de 7 horas máis 15 horas de titoría a distancia). O horario será de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 18:30 h., incluíndo o xantar.

Estes cursos prestarán especial atención ao conxunto de reformas e modificacións recentes da lexislación laboral, abordando tamén outros aspectos de interese, coma a economía, a historia social e os dereitos civís aplicados á acción sindical.

Xa podes tramitar a túa inscrición na túa comarca ou federación da CIG.

Relación de cursos:

Nivel básico: REPRESENTACIÓN SINDICAL I RECIBO DE SALARIO E COTIZACIÓNS COMUNICACIÓN SINDICAL E INTRODUCIÓN Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA

2º Nivel: REPRESENTACIÓN SINDICAL II LIQUIDACIÓNS SALARIAIS E INDEMNIZACIÓNS

> Podes visualizalo aquí en pantalla completa <

> Descárgao aquí <

DESCARGA DOS CALENDARIOS POR COMARCAS

> Comarca de Compostela

> Comarca da Coruña

> Comarca de Ferrol

> Comarca de Lugo / A Mariña

> Comarca de Ourense

> Comarca de Pontevedra

> Comarca de Vigo

Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |