Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Darío Machado abordará o “Presente e futuro da revolución cubana”

Novas América Latina Conferencia Cuba

Dentro do marco do traballo de Formación Sindical, FESGA organiza como actividade de formación interna unha conferencia-coloquio a cargo do compañeiro Darío Machado (Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba) na que se abordará a situación política e social en Cuba, que nos permita ilustrar e comprender as mudanzas en curso na revolución cubana, no contexto xeral dos avances políticos e sociais na América Latina, da actual crise económica mundial e do nacemento dunha nova orde multipolar mundial.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro do 2008, en Santiago de Compostela.

DARÍO MACHADO | Aproximación biográfica:

Darío Machado é Licenciado en Ciencias Políticas e Doutor en Ciencias Filosóficas. Exerce como Profesor Titular Adxunto do Instituto Internacional de Xornalismo José Martí, no que imparte clases en Diplomatura Internacional. Vice-presidente do Consello Científico da devandita institución, tamén é Profesor Titular Adxunto da Universidade de Ciencias Informáticas.

É membro fundador do Consello Científico da Central de Traballadores de Cuba, Profesor Titular Adxunto da Escola Nacional de Cadros Sindicais Lázaro Peña e membro do seu Consello Científico.

É autor de 6 libros: “Burocracia y Burocratismo”“Nuestro propio camino: Análisis del proceso de rectificación en Cuba”” Cuba: Ideología Revolucionaria”“¿Es posible construir el socialismo en Cuba?”, publicado como libro de texto para o sistema educacional cubano pola editorial Pueblo y Educación“Introducción al análisis ideológico del contenido del discurso”, e o máis recente “Pensar la sociedad”.

É así mesmo co-autor doutros 6 títulos, entre eles: “Actividad social de las masas trabajadoras en las condiciones del socialismo”“El milagro cubano Bogotá” y “Los cambios en la estructura socioclasista”.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |