Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 10

Publicacións

Xa podes dispoñer  do número 10 de Comprendermos, o caderno da Fundación Moncho Reboiras, para a súa descarga ou consulta en liña.

Serán os robots a fin do traballo?

Nesta entrega abordamos como tema central, os desafíos que implican para a clase traballadora o desenvolvemento da robótica e de novas aplicacións tecnolóxicas dixitais na produción, na distribución e nos servizos. Introducimos diversos elementos do debate sobre o futuro da utilización da forza de traballo humana, inscribindo esta perspectiva no seu marco determinante: o modo de produción capitalista.

Entrevista a Alfonso Mouzo.

Entrevistamos neste número o voceiro do Comité de Empresa de Ferroatlántica, Alfonso Mouzo. Con este representante sindical da CIG debullamos as causas e as perspectivas dun conflito que pon en evidencia as carencias da política industrial da Xunta e o espolio ao que se ve sometido o noso país.

1977, os 25 días de folga en Planosa.

Nun artigo de memoria histórica, Manuel Mera analiza un dos conflitos obreiros que marcaron o ano 1977: a vitoriosa folga de 25 días en PLANOSA (Vigo), na cal tivo unha destacada participacion como traballador desa empresa e militante sindical.

Unha obra de Marx: Salario, prezo e lucro.

Na sección Conceptos, presentamos neste número unha reflexión sobre obra de Marx: Salario, prezo e lucro, texto no que o xenial revolucionario e dirixente da Internacional afinaba en 1867 a súa explicación científica (e de plena vixencia) do proceso de explotación do traballo polo capital, do papel da plus-valía e dos salarios.

O VII congreso confederal da CIG.

Finalmente, concluímos cun apontamento sobre o último congreso da CIG, no cal resultou elixido o novo secretario xeral, Paulo Carril.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |