Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

FESGA presenta novo sitio web cunha videoentrevista a Suso Seixo.

Audiovisual entrevista fesga

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA),   dependente da Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de presentar o seu novo sitio web, que estará enfocado primordialmente á divulgación a través da dispoñibilización en liña de textos, publicacións e vídeos.

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA),   dependente da Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de presentar o seu novo sitio web, que estará enfocado primordialmente á divulgación a través da dispoñibilización en liña de textos, publicacións e vídeos.

A web, accesíbel desde www.fesga.org, estréase cunha videoentrevista de vinte minutos ao Secretario Xeral da CIG, realizada pola xornalista Paula Castro, na que Xesús Seixo analiza o actual contexto de crise e a resposta que se está a dar desde o sindicalismo nacionalista e de clase, e valora as medidas do goberno central.

Esta páxina concíbese como un sitio complementar a Avantar (dixital da CIG). Pretende ser unha ferramenta desde a que a contribuír á reflexión, análise e formación a respecto da realidade presente e histórica en chave social e sindical da nosa nación. Quere ser un instrumento co que poder combater o Pensamento Único, uniformador e sistémico, que as clases dominantes proxectan a través dos grandes media.

No actual contexto de crise, o sistema está a reaxer violentamente difundindo con anovados esforzos a súa mensaxe alienante. É por iso, que se fan máis necesarios ca nunca espazos destinados á dotármonos, a clase traballadora, de chaves de análise e argumentos cos que contrastar a súa deformación interesada da realidade.

O sitio estrutúrase en cinco seccións e/ou categorías: novas, artigos e documentos, publicacións, entrevistas e audiovisual, e paseniñamente iránse incrementando contidos e funcionalidades.

O audiovisual terá unha presenza predominante, e no web iranse pendurando os diferentes vídeos editados pola Fundación, co obxecto de o utilizar como canle para a difusión masiva dos materiais elaborados, moitos deles editados noutros soportes (DVD).

A continuar achegamos a entrevista realizada a Suso Seixo, realizada pola xornalista Paula Castro.

[media id=21 width=530 height=325]

Paula Castro, xornalista.


Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |