Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

10 estratexias de manipulación do poder mediático.

Artigos alienacion chomsky comunicacion confusion manipulacion media

1. A estratexia da distracción. O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos polas elites políticas e económicas, mediante a técnica do diluvio ou inundación de continuas distraccións e de informacións insignificantes. A estratexia da distracción é igualmente indispensable para impedir ao público interesarse polos coñecementos esenciais, na área da ciencia, a economía, a psicoloxía, a neurobioloxía e a cibernética. “Manter a Atención do público distraída, lonxe dos verdadeiros problemas sociais, cativada por temas sen importancia real. Manter ao público ocupado, ocupado, ocupado, sen ningún tempo para pensar; de volta a granxa como os outros animais (cita do texto ‘Armas silenciosas para guerras tranquilas’)”.

Noam Chomsky.

1. A estratexia da distracción. O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos polas elites políticas e económicas, mediante a técnica do diluvio ou inundación de continuas distraccións e de informacións insignificantes. A estratexia da distracción é igualmente indispensable para impedir ao público interesarse polos coñecementos esenciais, na área da ciencia, a economía, a psicoloxía, a neurobioloxía e a cibernética. “Manter a Atención do público distraída, lonxe dos verdadeiros problemas sociais, cativada por temas sen importancia real. Manter ao público ocupado, ocupado, ocupado, sen ningún tempo para pensar; de volta a granxa como os outros animais (cita do texto ‘Armas silenciosas para guerras tranquilas’)”.

2. Crear problemas e despois ofrecer solucións. Este método tamén é chamado “problema-reacción-solución”. Créase un problema, unha “situación” prevista para causar certa reacción no público, a fin de que este sexa o mandante das medidas que se desexa facer aceptar. Por exemplo: deixar que se desenvolva ou se intensifique a violencia urbana, ou organizar atentados sanguentos, a fin de que o público sexa o demandante de leis de seguridade e políticas en prexuízo da liberdade. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos.

3. A estratexia da gradualidade. Para facer que se acepte unha medida inaceptable, basta aplicala gradualmente, a contagotas, por anos consecutivos. É dese xeito que condicións socioeconómicas radicalmente novas (neoliberalismo) foron impostas durante as décadas de 1980 e 1990: Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego en masa, salarios que xa non aseguran ingresos decentes, tantos cambios que terían provocado unha revolución se fosen aplicadas dunha soa vez.

4. A estratexia de diferir. Outro xeito de facer aceptar unha decisión impopular é a de presentala como “dolorosa e necesaria”, obtendo a aceptación pública, no momento, para unha aplicación futura. É máis fácil aceptar un sacrificio futuro que un sacrificio inmediato. Primeiro, porque o esforzo non é empregado inmediatamente. Logo, porque o público, a masa, ten sempre a tendencia a esperar inxenuamente que “todo mellorará mañá” e que o sacrificio esixido poderá ser evitado. Isto dá máis tempo ao público para afacerse á idea do cambio e de aceptala con resignación cando chegue o momento.

5. Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade. A maioría da publicidade dirixida ao gran público utiliza discurso, argumentos, personaxes e entoación particularmente infantís, moitas veces próximos á debilidade, coma se o espectador fose unha criatura de pouca idade ou un deficiente mental. Canto máis se intente buscar enganar ao espectador, máis se tende a adoptar un ton infantilizante. Por que? “Se un se dirixe a unha persoa coma se ela tivese a idade de 12 anos ou menos, entón, en razón da suxestionabilidade, ela tenderá, con certa probabilidade, a unha resposta ou reacción tamén desprovista dun sentido crítico como a dunha persoa de 12 anos ou menos de idade (ver ‘Armas silenciosas para guerras tranquilas’)”.

6. Utilizar o aspecto emocional moito máis que a reflexión. Facer uso do aspecto emocional é unha técnica clásica para causar un curto circuíto na análise racional, e finalmente ao sentido crítico dos individuos. Por outra banda, a utilización do rexistro emocional permite abrir a porta de acceso ao inconsciente para implantar ou enxertar ideas, desexos, medos e temores, compulsións, ou inducir comportamentos.

7. Manter ao público na ignorancia e a mediocridade. Facer que o público sexa incapaz de comprender as tecnoloxías e os métodos utilizados para o seu control e a súa escravitude. “A calidade da educación dada ás clases sociais inferiores debe ser a máis pobre e mediocre posible, de forma que a distancia da ignorancia que planea entre as clases inferiores e as clases sociais superiores sexa e permaneza imposibles de alcanzar para as clases inferiores (ver ‘Armas silenciosas para guerras tranquilas’)”.

8. Estimular ao público a ser compracente coa mediocridade. Promover ao público a crer que é moda o feito de ser estúpido, vulgar e inculto…

9. Reforzar a autoculpabilidade. Facer crer ao individuo que é soamente el o culpable pola súa propia desgraza, por causa da insuficiencia da súa intelixencia, das súas capacidades, ou dos seus esforzos. Así, en lugar de rebelarse contra o sistema económico, o individuo se autodesvalida e cúlpase, o que xera un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición da súa acción. E, sen acción, non hai revolución!

10. Coñecer aos individuos mellor do que eles mesmos se coñecen. No decorrer dos últimos 50 anos, os avances acelerados da ciencia xeraron unha crecente fenda entre os coñecementos do público e aqueles posuídos e utilizados polas elites dominantes. Grazas á bioloxía, a neurobioloxía e a psicoloxía aplicada, o “sistema” gozou dun coñecemento avanzado do ser humano, tanto de forma física como psicoloxicamente. O sistema conseguiu coñecer mellor ao individuo común do que el se coñece a si mesmo. Isto significa que, na maioría dos casos, o sistema exerce un control maior e un gran poder sobre os individuos, maior que o dos individuos sobre si mesmos.

Artigo tirado do blogue de Atilio Borón, o 17/09/2010. Traducido ao galego por FESGA.

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |