Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

100 anos da revolución socialista en Rusia (caderno)

Publicacións caderno historia Lenin Rusia

Mediante esta publicación de 32 páxinas, profusamente ilustrada e de marcado carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o fito que supuxo a toma do poder pola clase traballadora e a construción do primeiro estado obreiro na historia. A Revolución Socialista de Outubro rebordou os marcos do Imperio tsarista, fortalecendo as loitas da clase traballadora a nivel mundial e dándolle un importante pulo aos procesos de liberación das colonias e nacións oprimidas.

Este caderno integra tres traballos complementarios:

  • A Revolución Rusa. Texto elaborado sobre a base da obra publicada por Óscar Landi e Isidoro Cheresky, na colección Siglomundo, en Bos Aires en 1969.
  • O influxo da Revolução de Outubro na Galiza. Texto de Carlos F. Velasco Souto, historiador e profesor da Universidade da Coruña.
  • O legado de Outubro. Texto de Xabier Pérez Igrexas.

O caderno 100 anos da revolución socialista en Rusia pode atoparse nos locais da CIG. Tamén pode descargarse e difundirse libremente desde este sitio web.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |