Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

120 anos do I Congreso obreiro galaico-portugués

Publicacións

O 17, 18 e 19 de xaneiro do 1901 tivo lugar na cidade de Tui o I Congreso obreiro galaico-portugués

Nos inicios do século XX, a semellante realidade da clase traballadora na Galiza e Portugal faría que algúns cadros sindicais, dunha e outra banda do río Miño, considerasen a posibilidade de analizaren conxuntamente a realidade para actuaren, igualmente, en conxunción. Esta posíbel alianza relanzaríase co feito de ollaren os traballadores que a patronal empregaría en Portugal obreiros galegos e en Galiza operarios portugueses cando uns e outros ficaban en folga: era a introdución da figura do fura-folga ou esquirol, como ferramenta dos patróns para rachar coa tensión lexítima exercida polos traballadores e traballadoras e a necesaria solidariedade de clase. Con este sustento desenvolveríanse tres congresos obreiros galaico-portugueses entre o 1901 e o 1903, dando lugar á efémera “Unión operaria galaico-portuguesa”, que a Fundación Moncho Reboira valorizou neste caderno editado no 2011.

Caderno: "Os congresos obreiros galaico-portugueses" Edición 2011


Volver

2021 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |