Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

14-F de 1984: a nosa primeira Folga Nacional (Especial 37º aniversario)

Audiovisual

A Fundación Moncho Reboiras quer conmemorar e divulgar o 37º aniversario da folga xeral do 14 de febreiro de 1984, o primeiro paro nacional da nosa historia, cun documental que recolle diversas testemuñas de sindicalistas da INTG que participaron da mesma, acompañado de material gráfico da altura. O traballo é un extracto do audiovisual realizado en 2009 baixo o título "1984: tres folgas xerais contra a reconversión".

14-F de 1984 a nosa primeira Folga Nacional Especial 37º aniversario
A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país

Baixo o título “A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país” a Fundación Moncho Reboiras editou fai máis de 10 anos un libro do que se tiraron 4.000 exemplares e que a seguir disponibilizamos para a súa visualización en PDF, coincidindo co 37 aniversario da primeira gran folga nacional galega.

O texto, de autoría de Manuel Mera, debulla aquel momento histórico que se revelaría posteriormente como fundamental para a definitiva consolidación do sindicalismo nacionalista e de clase. Desde a situación previa aos Pactos da Moncloa, pasando polas Xornadas de Loita promovidas pola ING e secundadas activamente polo conxunto do movemento nacional-popular, este traballo divulgativo retrata con nitidez un modelo sindical ben distinto ao practicado, xa daquela, polas centrais sindicais estatais.

Non só se recolle unha pormenorizada crónica do desenvolvemento das folgas que o 14 de febreiro, o 12 de xullo e o 29 de novembro de 1984 paralizaron o noso país contra da pretendida reconversión naval que finiquitaría case por completo un sector produtivo estratéxico para a economía galega, senón tamén as mobilizacións previas e as que lle seguiron.

 


Volver

2021 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |