Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras - Monumento en Compostela

Novas

 O 22 de novembro de 2024 as Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre constituíron unha Comisión Organizadora para lembrar a figura de Xosé Ramón Reboiras Noia, militante nacionalista da Unión do Pobo Galego, asasinado o 12 de agosto de 1975, a mans da policía franquista.

A seguir naceu un Comité de Honra, integrado por camaradas de militancia de "Moncho" Reboiras. Este Comité está conformado por Elvira Souto Presedo; Lois Ríos Paredes; Manuel Mera Sánchez; Fernando Souto Ginarte, Xesús Chaves Fandiño, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Rodríguez, Xaquín López Facal, Xaquín Méndez Anta, Xosé Moa Cerdeira, Xosé Manuel Pavón, Lois Diéguez Vázquez, Xesús Sanxoás Formoso, Margarida Ledo Andión, Marisa Vázquez Barquero, Alfredo Suárez Canal, Nemesio Barxa, Marisa Canto Reboredo, Xosé Lois Ledo Andión, Sánchez e Marisol García Juárez.

Unha das iniciativas máis destacadas que se propuxo realizar a devandita Comisión Organizadora, foi a inauguración dun monumento en bronce, na capital galega, en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia. O monumento sufrágase a través dunha subscrición popular, que está en marcha desde o 22 de decembro de 2025 e á que aínda é posíbel sumarse.  Eis a relación de persoas que teñen realizado achegas, até o momento, en favor do monumento en homenaxe a "Moncho" Reboiras (por orde de realización das doazóns):

 

 

RUBÉN CELA DÍAZ
RAMOM LÔPEZ-SUEVOS
UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL
MANUEL MERA SÁNCHEZ
XAQUÍN MÉNDEZ ANTA
DUARTE CORREA PIÑEIRO
LOIS RÍOS PAREDES
RICARDO GÓMEZ ÁLVAREZ
FRANCISCO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ
XOSÉ CARLOS SOLLA LAGO
LUCÍA VECIÑO SOUTO
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
DANIEL OTERO OTERO
ANTÓN MÉNDEZ NOVO
HUGO MARTÍNEZ ANDRADE
FRANCISCO GARCÍA SUÁREZ
XESÚS SANXUÁS FORMOSO
MANUEL CARIDE CORREA
BELÉN GARCÍA SUÁREZ
MARTA DACOSTA ALONSO
XOSÉ LOIS SEIXO FERNÁNDEZ
MARÍA SOLEDAD AGRA TUÑAS
IRIA SALVANDE LORENZO
JULIÁN BRAVO RIVERO
NEMÉSIO BARXA ÁLVAREZ
RAMÓN COIRA LUACES
XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO
ARANCHA NOGUEIRA FERNÁNDEZ
ODILO GONZÁLEZ CARNERO
CARLOS OUTEIRO BAAMONDE
ANXO LOUZAO RODRÍGUEZ
SANTIAGO VIGO DOMÍNGUEZ
LUCÍA CARREIRA PÉREZ
JULIO LISANDRO CAÑÓN VOIRÍN
AURORA MAGÁN ESCARIZ
XOSÉ DÍAZ DÍAZ
MARTIÑO SANTOS CANOSA
CARMELO GALDEANO SUÁREZ
MANUEL MARÍA CARNICERO MÉNDEZ AGUIRRE
ANTONIO FERNÁNDEZ SALGADO
DOLORES MUIÑO VILAMARÍA
XOSÉ RAMÓN BRANCO BUXÁN
NICOLASA CASTRO MONTEIRO
MANUEL REI ROMEU
ÁLVARO FRANCO SILVA
ALFREDO IRIXOA NEIRA
MARTÍN ANDRÉS CERNADAS CERNADAS
XESÚS ELADIO SEIXO FERNÁNDEZ
MANUEL MUNIZ BESTEIRO
JULIO PÉREZ PÉREZ
MANUEL CARREIRA SIMÓN
XOSÉ ANSEDE ESTRAVIZ
JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
JESÚS ÁNGEL MORÁN IGLESIAS
BENIGNO EDUARDO RIVEIRO ARJONES
MARÍA DEL PILAR RODRÍGUEZ VARELA
MARÍA ENCARNACIÓN BRIÓN TUBÍO
IAGO SUÁREZ FERNÁNDEZ
MIGUEL ÁNGEL RODEIRO CARNEIRO
XESÚS SÁNCHEZ CEA
JUAN MANUEL VÁZQUEZ FARIÑAS
XOSÉ BIEITO ÁLVAREZ LOBARINAS
XOÁN MANUEL FERNÁNDEZ BELLO
SANTOS TALEGÓN BARROS
DAVID RODEIRO PAZOS
DIEGO PEREIRA PINTO
MANUEL DOMINGO VELO GANTES
MARÍA TERESA PARDO SOUSA
GERARDO SEIJO PEREIRA
ALBA MARÍA MÍGUEZ GONZÁLEZ
XOSÉ MANOEL AFONSO NOCEDA
XOÁN XESÚS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
ALBERTE MERA GARCÍA
MARÍA CALVO GORGAL
ALBERTE ANSEDE ESTRAVIZ
DANIEL LÓPEZ GARCIA
XOSÉ LOIS CALVELO ROZAS
BRAIS FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
SECUNDINO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
RUBÉN BOADO VARELA
MANUEL CARLOS FERNÁNDEZ CUADRADO
GONZALO ARAUJO LAZARÉ
FRANCISCO XAVIER CASTELLANOS PUMARES
ANDRÉS FERNÁNDEZ MARTÍNEZ
XOSÉ CARLOS SOLLA LAGO
ANTÓN XOÁN CABEZÓN GÓMEZ
JOSÉ ANTONIO PENA BEIROA
ENCARNA OTERO CEPEDA
XOSÉ CARLOS PAZOS DOCAMPO
MARÍA OBELLEIRO HERMIDA
HELENA CARRO CRUZ
XOSÉ LOIS LEIRÓS GUDE
ELVIRA CIENFUEGOS LÓPEZ
FRANCISCO JAVIER RODEIRO PÉREZ
CIPRIANO LUIS JIMÉNEZ CASAS
XOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ COBAS
LUÍS EDUARDO FROIZ CASAL
FRANCISCO LUÍS RODRÍGUEZ GUERREIRO
JOSÉ ANTONIO SEIJAS MACIAS
MARÍA ROSA RODRÍGUEZ ARMESTO
FRANCISCO BLANCO OTERO
UNIÓN DO POBO GALEGO
JOSÉ MANUEL DIAS CADAVEIRA
ANSELMO RODRÍGUEZ IGLESIAS
RAFAEL ROMERO LÓPEZ GRADO
CAMILO VÁZQUEZ GARCÍA
CARLOS FERNANDO BRANCO PARGA
FRANCISCO LORENZO AUREA
CÉSAR VARELA GARCÍA
XOÁN COLAZO PAZO
XOSÉ MANOEL FERNÁNDEZ LÓPEZ
JOSÉ MANUEL SOUTO LAMAS
JAVIER FERNÁNDEZ FRANCISCO
AMANDA REI CASTRO
ALFREDO SUÁREZ CANAL
XOSÉ MARÍA COTELO FREIRE
JOSÉ ANTONIO GARCÍA CANEDO
GELASIO VARELA GESTO
ANXO ANSEDE ESTRAVIZ
JESÚS MANUEL RODRÍGUEZ BELLO
ROBERTO VILAMEÁ PONTE
MARÍA XESÚS MOREIRA FONTÁN
RAMÓN SANTIAGO BOUZAS GONZÁLEZ
SANTIAGO ARES BANDE

[en actualización semanal]

 

Detalle do boceto confeccionado para a realización do monumento

 

Actividades celebradas, desde 2025 en diante, en lembranza de Xosé Ramón Reboiras Noia, por iniciativa da Comisión Organizadora do "50 aniversario do asasinato de "Moncho" Reboiras" "

[a partir das novas que foron publicándose na web da Fundación Moncho Reboiras]

14 de febreiro.

As actividades que se realizaron ao longo de 2025, até inicios de 2026, para lembrar ao militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia, baixo a iniciativa da devandita Comisión Organizadora "50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras",  teñen sido as seguintes:

 

10 de xaneiro de 2026. Inauguración en Arzúa dun monólito en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia

Após a inauguración en Lugo, o 27 de decembro de 2025, dun busto en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia, procedeuse á inauguración no concello de Arzúa dun monólito en lembranza de "Moncho" Reboiras. Ao igual que no caso de Lugo, a iniciativa do acto de Arzúa partiu da Comisión 50 aniversario do asasinato de "Moncho" Reboiras, materializándose grazas á destacada presenza do BNG en ambos gobernos municipais, que fixeron súa a iniciativa de poñer en valor a unha figura clave na articulación do nacionalismo galego entre finais da década dos 60 e a primeira metade da década dos 70 do pasado século, referencia indiscutíbel, aliás, na loita contra a ditadura franquista e o recoñecemento de Galiza como nación.

O sábado 10 de xaneiro, por volta das 10:30h, na Prazoleta (Rúa das Dores), interviron Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa; Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras e representante da comisión organizadora do acto, así como Andrea Birsanu e Dani Moscoso.

 

 

 

 
 

 27 de decembro de 2025. Inauguración en Lugo dun busto en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia

 O sábado 27 de decembro, por volta das 11:30h, o Concello de Lugo inaugurou un busto en homenaxe ao militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia, por iniciativa das Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre.

O busto foi inaugurado na rúa Soto Freire, ao carón da entrada do Centro Socio-Cultural do Vello Cárcere (nas cercanías da Estación de Autobuses).

Esta iniciativa sumouse a todas as actividades que se impulsaron desde inicios de 2025 en lembranza de "Moncho" Reboiras, no 50 aniversario do seu asasinato, cando apenas contaba con 25 anos. Asasinato producido en Ferrol o 12 de Agosto de 1975, a mans da policía franquista, pola intensa militancia de Reboiras en favor da vertebración do nacionalismo galego e da democracia fronte á ditadura fascista. Loita que o levou a ser recoñecido polo Consello de Ministros, no ano 2009, como "vítima do franquismo".
Ao acto asistiron responsábeis das Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre, así como, entre outras autoridades municipais, Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde do Concello de Lugo.

 

   

 

2 de decembro de 2025. Inauguración en Vigo da exposición-homenaxe a "Moncho" Reboiras

O martes 2 de decembro inaugurouse en Vigo, no espazo cultural "RíoLagares", a exposición en homenaxe á figura do militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia, intitulada "Semente de Vencer". O acto contou coa presenza de Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, e a comisaria da mostra, Vanesa Casal, así como cos históricos activistas sindicais e políticos Xesús Chaves e Xesús Sanxoás.

No acto, Xesús Sanxoás repasou a participación de X.R. Reboiras no nacionalismo galego e a súa pegada na construción do sindicalismo nacionalista; e Xesús Chaves lembrou as loitas da clase traballadora en Vigo por volta de 1972 e a presenza de Reboiras nas mesmas; mentres que Xesús Seixo puxo en valor a valentía de Reboiras no final da ditadura franquista. Aliás, a comisaria da exposición, Vanesa Iglesias, realizou unha visita guiada pola mostra, explicando a significación de cada peza artística.

A mostra foi iniciativa da comisión en homenaxe a Reboiras, diante do 50 aniversario do seu asasinato, integrada polas Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre. A exposición estará no espazo cultural "RíoLagares" (Rúa da Falperra, 16 Baixo) até o próximo 12 de decembro.

 

 

 

 

 16 de outubro. Visita guiada na Coruña á mostra "Semente de Vencer" e mesa redonda sobre Xosé Ramón Reboiras Noia

 O 16 de outubro realizouse na Casa-Museo Casares Quiroga unha visita guiada pola Mostra de Arte "Semente de Venres", impulsada pola Comisión Organizadora 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras, conformada polas Fundación Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre. A visita realizouna a comisaria da mostra, Vanesa Casal. A seguir realizouse unha mesa redonda sobre a figura de Xosé Ramón Reboiras Noia, coa presenza do escritor Lois Diéguez, do representante da devandita comisión Suso Seixo e do profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez. Logo da presentación do acto realizada por Suso Seixo, Uxío-Breogán Diéguez fixo unha aproximación biográfica á figura de Reboiras, indicando cal foi a súa importancia no contexto político no que desenvolveu a súa militancia, á hora de contribuír á vertebración do frontismo nacionalista galego; pechando o acto o escritor Lois Diéguez, que deu conta das súas lembranzas de Reboiras e da súa relevancia á hora de sentar as bases do devandito frontismo, particularmente, no eido sindical e cultural. 

 

 

 
 

2 de outubro de 2025. Inauguración na Coruña da Mostra de Arte "Semente de Vencer", en homenaxe a "Moncho" Reboiras.

O xoves 2 de outubro procedeuse á inauguración na Coruña, na Casa-Museo Casares Quiroga, da Mostra de Arte "Semente de Vencer", en homenaxe á figura do militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia. O acto principiou ás 19h no devandito espazo, por iniciativa das Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre, coa colaboración da concellaría de Cultura do Concello da Coruña, cuxo titular, Gonzalo Castro, intervíu no acto.

A mostra, intitulada "Semente de Vencer", estivo comisariada por Vanesa Iglesias, exhibíndose pezas artísticas de Leandro Lamas, Laura Caneira, Ortigha, Cavalinho do Demo (Paula Pereira), Alejandro Mosquera, Ana de Vilatuxe, Pampillo Store (Theresa Lousame), Iago Fernández Díaz, Juanlu Nacha, Leandro Lamas, Celia Arcos, The Pink Phink, Xiralúa, Revolta Creativa (Breo Alamancos) eEstudo Aldea. A mostra puidose visitar na Casa-Museo Casares Quiroga até o 31 de outubro.

As devanditas pezas artísticas están reproducidas no libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1959-1975), que se repartiu gratuitamente no marco da inauguración da mostra. Un libro no que se presenta unha biografía de X.R. Reboiras Noia, autoría do historiador e profesor universitario Uxío-Breogán Diéguez, así como os testemuños de dezanove persoas que compartiron militancia con "Moncho" Reboiras, entre as que se atopan Xosé Manuel Pavón, Elvira Souto, Lois Ríos, Manuel Mera, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Chaves.

 

 

 
 
 

12 de agosto de 2025. Acto de homenaxe en Imo (Dodro) a Xosé Ramón Reboiras Noia

As Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre organizaron un acto de homenaxe a "Moncho" Reboiras no cemiterio de Imo. Acto de ámbito nacional realizado con motivo do 50 aniversario do asasinato do militante nacionalista en Ferrol, a mans da policía franquista. Desde a Comisión Organizadora "50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras" convocouse ao conxunto da cidadanía galega, e particularmente a toda a militancia soberanista do país.

O acto principiou ás 12h, reinaugurandose o mural dedicado a Reboiras ao carón do cemiterio de Imo; procedéndose a realizar ás 12:15h unha ofrenda floral en lembranza de Xosé Ramón Reboiras, na que participaron os responsábeis das tres Fundacións, Francisco Rodríguez, Suso Seixo e Rubén Cela, así como o Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, así como representantes de outras organizacións soberanistas e máis de medio milleiro de persoas, que portaban caraveis vermellos. Para pechar o acto deuse paso ás intervencións de Suso Seixo, Lois Ríos e Marisa Vázquez e á actuación musical do cantautor Mini e da cantautora Sés.

 

 
 

25 de xullo de 2025. Presentación no Día da Patria do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025).

O 25 de Xullo de 2025, Día da Patria Galega, as Fundación Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre realizaron unha presentación do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025) no marco do FESTIGAL, que editaron en homenaxe ao militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia.

O espazo que albergou este acto ficou pequeno para a multitude de persoas que se deron cita no acto, no que interviñeron Suso Seixo, presidente da FMR, Elvira Souto, en representación do comité de honra, e Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo.

 

 

 

 
 

4 de xullo de 2025. Presentación en Pontevedra do libro-homenaxe 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)

Despois da presentación do libro-homenaxe en lembranza de Xosé Ramón Reboiras Noia en Compostela, A Coruña, Ferrol e Vigo, presentouse en Pontevedra o volume colectivo 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025). O acto celebrase o 4 de xullo ás 20h no C.S. A Pedreira, coa presenza de Xesús Chaves, Xesús Seixo e Xosé Moa.

 

 

 

25 de xuño de 2025. Presentación en Ferrol do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)

 

O 25 de xuño ás 19:30h presentouse en Ferrol, no centro do antigo Hospicio, o libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025). .   O acto, promovido pola Comisión Organizadora "50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras" -integrada polas Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre-, contou coa presenza de Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo, así como noutrora parlamentario do BNG, e Elvira Souto, militante histórica do nacionalismo e primeira secretaria xeral da UPG. Ao acto asistiron multitude de militantes nacionalistas da bisbarra de Ferrolterra. 

 

  

 

 

 

5 de xuño de 2025. Presentación na Coruña do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)

O xoves 5 de xuño ás 19:30h de maio presentouse no Centro Cultural Ágora da Coruña o libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)Contou coa presenza de Manuel Mera e Marisol García Juárez, membros do Comité de Honra, e de Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras.

O volume que se presentou conta, na capa, cunha ilustración de Leandro Lamas, e presenta unha biografía de Xosé Ramón Reboiras, autoría do historiador e profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez, seguida de dezanove textos en lembranza do militante nacionalista da man de compañeiros e compañeiras de activismo político, integrantes do Comité de Honra. O libro tamén conta coa reprodución de catorce pezas artísticas da man de creadores e creadores que homenaxean así o figura de Reboiras Noia. Artistas que deron lugar á mostra "Semente de Vencer", comisariada por Vanesa Casal, ao chamado da Comisión Organizadora "50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras", comisión conformada polas Fundación Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre. 

O acto de presentación realizarouse no Centro Cultural Ágora, na Agra do Orzán, por iniciativa da Asociación de Veciños/as da Agra do Orzán e das devanditas Fundacións, coa colaboración do Concello da Coruña. 

 

 

 
 

22 de maio de 2025. Presentación en Compostela libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025)

  

O xoves 22 de maio presentouse o libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025). O volume, que conta na capa cunha ilustración de Leandro Lamas, presenta unha biografía de Xosé Ramón Reboiras, autoría do historiador e profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez, seguida de dezanove textos en lembranza do militante nacionalista da man de compañeiros e compañeiras de activismo político. O libro tamén conta coa reprodución de catorce pezas artísticas da man de creadores e creadores que homenaxean así o figura de Reboiras Noia, ao chamado da comisión organizadora do devandito 50 aniversario, conformada polas Fundación Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre.

O acto de presentación realizouse no Auditorio do Museo do Pobo Galego a partir das 19h e contou coa presenza dos presidentes das tres Fundacións que conforman o devandito comité organizador, Suso Seixo, Francisco Rodríguez e Rubén Cela, que asinan o prólogo do devandito libro, así como polas e polos integrantes da comisión de honra, integrada por compañeiras e compañeiros de militancia de "Moncho" Reboiras. 

Este acto realizouse após a inauguración da mostra, comisariada por Vanesa Iglesias, na que se exhiben as pezas artísticas que se amosan no libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (1975-2025), da man de pezas creadas por Leandro Lamas, Laura Caneira, Ortigha, Cavalinho do Demo (Paula Pereira), Alejandro Mosquera, Ana de Vilatuxe, Pampillo Store (Theresa Lousame), Iago Fernández Díaz, Juanlu Nacha, Leandro Lamas, Celia Arcos, The Pink Phink, Xiralúa, Revolta Creativa (Breo Alamancos) eEstudo Aldea. A mostra puídose visitar até o 30 de maio (en horario de mañá e de tarde) no Centro Socio Cultural Maruxa e Coralia, ubicado no nº4 da Praza de Salvador Parga da capital galega.

 

 

 
24 de novembro de 2024. Constitución da Comisión Organizadora e do Comité de Honra do 50 aniversario do asasinato de "Moncho" Reboiras

 

O 24 de novembro de 2024 a Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Terra e Tempo e a Fundación Galiza Sempre anunciaron a creación dunha comisión organizadora de diversas iniciativas en lembranza de Xosé Ramón, "Moncho", Reboiras Noia, con motivo do 50 aniversario do seu asasinato , de cara ao ano 2025.

Elvira Souto e Suso Seixo, portavoces da iniciativa, deron conta en rolda de prensa das actividades a promover ao longo do ano 2025, para lembrar e poñer en valor a figura de "Moncho" Reboiras, militante nacionalista da UPG, clave para comprender a evolución político-organizativa do nacionalismo galego entre 1969 e 1975.

Reboiras foi crucial na conformación da "Fronte Cultural", que nacería xa por volta de 1973, así como da "Fronte Sindical" e da "Fronte Política", que darían lugar en 1975 ao Sindicato Obreiro Galego (SOG) e á Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), respectivamente.

Segundo se indicou na rolda de prensa, entre as distintas iniciativas que se levarán a cabo por parte da Comisión Organizadora "Moncho Reboiras-50 aniversario do seu asasinato 1975-2025", realizarase unha escultura e un mural conmemorativo, así como a edición dun libro e o desenvolvemento dun acto en Imo (Dodro), convocado polas devanditas tres Fundacións, o 12 de agosto de 2025.

Na rolda de prensa estiveron presentes parte das e dos integrantes do Comité de Honra que se vén de crear, no marco desta iniciativa, con compañeiros e compañeiras de militancia de Moncho Reboiras. Do comité forman parte Elvira Souto Presedo, que actuará de portavoz; Lois Ríos Paredes; Manuel Mera Sánchez; Fernando Souto Ginarte, Xesús Chaves Fandiño, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Rodríguez, Xaquín López Facal, Xaquín Méndez Anta, Xosé Moa Cerdeira, Xosé Manuel Pavón, Lois Diéguez Vázquez, Xesús Sanxoás Formoso, Margarida Ledo Andión, Francisco Lores Santacecilia, Marisa Vázquez Barquero, Alfredo Suárez Canal, Nemesio Barxa, Marisa Canto Reboredo, Xosé Lois Ledo Andión,  Sánchez e Marisol García Juárez.

Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, e coportavoz da iniciativa, indicou que o Comité de Honra está aberto a novas incorporacións de persoas que compartiron militancia política con Reboiras.

 


Volver

2026 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |