Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Intervención de César Navarro Miranda (MAS, de Bolivia) no XV Seminario Internacional de México.

Audiovisual bolivia cesar-navarro mas mexico seminario

Neste vídeo reproducimos a intervención de César Navarro Miranda (integrante do MAS), viceministro de Coordinación cos Movementos Sociais, da República Plurinacional de Bolivia. O relatorio fíxose no XV Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade", unha iniciativa do Partido do Traballo de México. O evento transcurriu durante o 17, 18 e 19 de marzo de 2011 na cidade de México, e ao mesmo asistiron máis de cen organizacións de case que 40 países, a maioría de América Latina, sendo un dos aspectos centrais a debate: os procesos alternativos de nación.

César Navarro Miranda tratou no seu relatorio sobre os principios nos que basea a liña política do actual goberno de Bolivia, ou sexa:

  • Anti-imperialismo
  • Anti-colonialismo
  • Anti-neololiberalismo.

A súa intervención ten sen dúbida un grande interese para o noso país, xa que Bolivia (integrante da ALBA) representa neste intre unha das democracias máis avanzadas tanto no relativo ao recoñecemento das nacionalidades como na procura dun modelo de xustiza social e respecto ao ecosistema. Nos vindeiros días reproduciremos outros dous vídeos sobre a realidade boliviana, cos relatorios de Marcela Revollo Quiroga, deputada do Movemento Sen Medo, e de Hugo Moldiz, militante do MAS.

[media id=52 width=530 height=325]

Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |