Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Noia e comarca, video histórico-turístico da serie "Coñece Galiza"

Audiovisual conece-galiza noia video-reportaxe

Sinopse:

Sinopse:

"Noia e comarca" é a primeira entrega da serie de video-reportaxes que baixo o título "Coñece Galiza" trazan percorridos histórico-turísticos por diferentes bisbarras da nosa xeografía. O documental non se limita a ofrecer os principais monumentos e lugares de interese, se non que indaga nas orixes históricas da vila e trata de ligar o desenvolvemento urbano a procesos históricos, sociais e económicos.

En "Noia e comarca" contamos coas intervencións do historiador Xerardo Agrafoxo, quen fala do megalitismo e do período castrexo, e mais de Xepe Torres Reino, que intervén acerca do casco vello da vila, con especial énfase nas laudas sepulcrais da igrexa de Santa María a Nova.

Os pontos de interese recollidos nesta peza son: os pazos góticos do casco vello de Noia, a igrexa de San Martiño e a praza do Tapal, a igrexa de Santa María a Nova, a ponte de Traba e nos arredores a Ponte Nafonso, o castro de Baroña, o conxunto de Toxosoutos e anta megalítica da Cova da Moura.

Xénero: Documental

Duración: 16´11"

Formato: HD-Video 16:9

Editado por FESGA (Fundación para o estudo e a divulgación da cuestión social e sindical en Galiza) dentro da serie documental "Coñece Galiza, percorridos histórico-turísticos", que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. O video compleméntase cun caderno despregábel, tamén editado pola fundación. Podes visualizalo aquí.


Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |