Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

O Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL).

Artigos dril galiza historia portugal santa-maria

Cúmprense 50 anos da toma do buque Santa María por parte da organización denominada "Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación", mais popularmente coñecida polo seu acrónimo: o DRIL, unha organización que se definía como antifascista e que combatía as ditaduras de Salazar e Franco, en Portugal e no E. Español respectivamente.

É por iso que desde a FESGA, na súa liña de divulgación histórica, publicaremos unha serie de tres documentos nos que se da a coñecer non só ese feito concreto que concentraría a atención de practicamente todo o mundo (sendo portada de importantes publicacións internacionais como Paris Match), senón tamén do papel e contributo do exilio galego nesa loita.

O primeiro artigo que publicamos é da autoría de Xurxo Martínez Crespo e permítenos unha aproximación histórica ao que era o DRIL, as súas orixes e as súas accións máis significativas.

Preme aquí para o ver en pantalla completa.

Podes descargar o PDF desde aquí.

Neste segundo documento, escrito en 1996 por Vítor Velo, fillo de Xosé Velo, analízase o desenvolvemento do DRIL e polo miúdo os acontecementos sucedidos durante a captura do Santa María por galegos e portugueses. Vítor Velo tamén foi un dos protagonistas deste acto atrevido que conmocionou o mundo.

Preme aquí para o ver en pantalla completa.

Podes descargar o PDF desde aquí.

Por último, no terceiro documento que dispoñibilizamos, o xornalista portugués Miguel Urbano Rodríguez tracexa un retrato biográfico de Xosé Velo, a partir da súa experiencia persoal con este, no que revela algúns trazos relevantes da súa personalidade e xeito de actuar.

Preme aquí para o ver en pantalla completa.
Podes descargar o PDF desde aquí.

Volver

2021 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |