Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Para comprendermos a crise. Orixes, desenvolvemento e horizontes posíbeis.

Publicacións

A seguir preséntase a última publicación editada pola FESGA. Desta volta trátase dun completo traballo de análise da vixente crise sistémica, a cargo do Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Nacional deRosario (Arxentina), Julio César Gambina, que é ademais Presidente da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas,FISYP, e integrante do Comité Directivo do Consello Latinoamericano de CienciasSociais, CLACSO.

Gambina,  quen participa como membro do Consello Académico de ATTACArxentinae dirixe o Centro de Estudos e Formación do sindicato Federación JudicialArgentina ademais de ser columnista sobre Economía e Cooperativismo en diversos medios xornalísticos da República Arxentina, fornece nesta obra dunha diagnóse asequíbel encol da propia crise máis tamén esboza os horizontes que desde ela se abren para o conxunto das clases populares.

Trátase pois, dun traballo divulgativo tremendamente pedagóxico que ten por pretensión o enunciado no seu título: axudar a comprender a crise.

Ficha bibliográfica

Autor: Julio C. Gambina

Tradución: Rafa Villar

Dirección: Manuel Mera Sánchez

Deseño e maquetación: Breixo Lousada / Bernal Rúa

Coordenación editorial: Iuri Domènech

Revisión: Xabier Pérez Igrexas

I.S.B.N.: 978-84-614-6213-1

Páxinas: 96


Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |