Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Rui Paixao, da CGTP-IN, entrevistado sobre a folga xeral do 24-N en Portugal

Audiovisual cgtp cgtp-in folga-xeral portugal

Entrevistamos Rui Paixão, membro da executiva do consello nacional da CGTP-IN, no marco do Encontro Sindical Internacional que este pasado 19 de novembro reuniu en Compostela representantes de diferentes sindicatos europeus que debateron sobre a resposta á crise en cada país. Para Rui Paixão, "só a loita creará alternativas para a mudanza política que precisa Portugal".

O sindicalista portugués  foi interrogado sobre a folga xeral do 24-N, así como pola situación económica e política de Portugal e mobilizacións que, como a que tivo lugar no 20-N contra a OTAN en Lisboa, foron quen de reunir milleiros de traballadores e traballadoras nas rúas. A entrevista vai acompañada de imaxes da gran manifestación que a CGTP realizou en Lisboa no 29 de maio pasado, así como de recursos da manifestación contra a OTAN do 20-N.

[media id=44 width=530 height=325]
> Relacionado:  tamén podes ver a crónica audiovisual da manifestación do 29 de maio en Lisboa <

Volver

2022 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |