Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Silvia Lazarte (MAS): “A organización é a esperanza, é o futuro”.

Audiovisual bolivia evo-morales mas mexico organizacion pt seminario silvia-lasarte

A seguir ofrecemos o vídeo da intervención de Silvia Lazarte, militante do Movemento Ao Socialismo de Bolivia, quen foi Presidenta da Asemblea Constituínte dese país latinoamericano, realizada no marco do XIV Encontro Internacional “Os partidos políticos e unha nova sociedade” organizado polo Partido do Traballo de México, que tivo lugar en marzo do presente ano.

A dirixente indíxena analiza na súa palestra a situación do proceso de transformacións que se desenvolve en Bolivia, baixo o impulso do MAS e dos movementos sociais, e no que a reforma constitucional supuxo un paso importante na construción dunha nova sociedade. “Agora si, o pobo conduce o país” afirma claramente Lazarte, evidenciando o triunfo do proxecto de cambios en Bolivia que ela atribúe á conciencia social que foi quen derrotou a quen “a toda costa quería levarnos ao fracaso”, en referencia á oposición aliñada coa oligarquía.

Esta veterana militante defende o papel fulcral da organización en todos os procesos políticos. Así expón que “a mellor universidade é a organización sindical”, para concluír que “a organización é a esperanza, é o futuro”. A ese respecto advertía que as organizacións deben ponerse tarefas “no canto de só falar”, para acrecentar a súa incidencia social, dende a concepción de que “estamos comprometidos para servir ao pobo, non para servirnos del”.

[media id=16 width=530 height=325]

Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |