Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Video-reportaxe: Portugal na rúa contra as medidas antisociais do goberno

Audiovisual 29-de-maio cgtp-in crise internacional lisboa manifestacion portugal

O 29 de maio, a CGTP-IN conseguía mobilizar 300.000 persoas nunha das máis grandes manifestacións en Portugal desde a queda do rexime fascista. Desta volta, na liña dos protestos que a central ven realizando nos últimos meses, a revindicación principal foi a retirada do P.E.C (Plano de estabilidade e crescimento) que quer aplicar o goberno de José Sócrates (PS). As medidas, calificadas por Carvalho da Silva, secretario xeral da CGTP, como “contrarias aos intereses dos traballadores“, transfiren os custes das crise ás clases populares e favorecen os intereses do grande capital.

O 29 de maio, a CGTP-IN conseguía mobilizar 300.000 persoas nunha das máis grandes manifestacións en Portugal desde a queda do rexime fascista. Desta volta, na liña dos protestos que a central ven realizando nos últimos meses, a revindicación principal foi a retirada do P.E.C (Plano de estabilidade e crescimento) que quer aplicar o goberno de José Sócrates (PS). As medidas, calificadas por Carvalho da Silva, secretario xeral da CGTP, como “contrarias aos intereses dos traballadores“, transfiren os custes das crise ás clases populares e favorecen os intereses do grande capital.

Unha reforma que “penaliza traballadores, pensionistas e desempregados”

O PEC, pactado entre o PS e o PSD, contempla unha serie de medidas “de austeridade” para tentar “calmar os mercados financieiros”, como a rebaixa dos salarios, agravamentos das cotizacións do imposto sobre a renda, aumento do IVE, a redución das prestacións non contributivas e a diminución do subsidio por desemprego.

Desde a CGTP denuncian as políticas de dereita desenvolvidas polos partidos do arco do poder nos últimos anos, que teñen beneficiado "a especulación financieira, a desigual distribución da riqueza, a destrución do tecido produtivo e a prizatización progresiva dos servizos públicos".

[media id=23 width=530 height=325]

Podes descargar aquí o vídeo en flv (click dereito e gardar como)

29-M , unha mobilización histórica

A manifestación nacional foi precedida por tres grandes concentracións en prazas próximas á do Marqués de Pombal. Profesores e traballadores da área pública e privada descendían logo até a praza de Restauradores, onde, nun ambiente de grande combatividade, tiveron lugar as intervencións finais.

Cando a cabeza da manifestación finalizara o traxecto , aínda eran milleiros de persoas as que seguían a ocupar os pontos de partida, colapsando a avenida da Liberdade. Faixas das diferentes federacións e unións sindicais da CGTP, cartaces parodiando ao presidente Sócrates ou alusivas á revolución dos cravos, dúcias de bandeiras portuguesas e até choqueiros do Entroido deron colorido a unha manifestación cunha afluencia de 300.000 persoas, segundo a organización. "Quem luta sempre alcança, queremos a mudança" e "é preciso, é urgente, uma política diferente" xuntos co xa clásico “CGTP, unidade sindical”, foron algunhas das palabras de orde mais coreadas.

Carvalho da Silva non descarta a folga xeral

No final da mobilización falaron Joana Dias, pola Interjovem, João da Silva, polo sector privado e Ana Avoila, pola administração Pública. Na intervención final, o secretario xeral da CGTP-IN, Manuel Carvalho da Silva, non desbotou o impulsar unha folga xeral, unha medida que a CIG tampouco descarta no noso país.

Entre as medidas para dar resposta a crise, a CGTP-IN revindica a mudanza nas fórmulas de financiamento dos Estados , a reindustrialización de Portugal, o combate á corrupción, á precariedade e aos paraísos fiscais, o crecemento de salarios e pensións , o apoio aos servizos públicos e a redistribución da riqueza.

A CGTP é a central sindical maioritaria en Portugal, con perto de 800.000 filiados.


Volver

2019 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |