Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

 

O Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego, está administrado pola Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza. Conta con centos de documentos que remiten á actividade sindical nacionalista, desde o Sindicato Obreiro Galego (SOG) até a Confederación Intersindical Galega (CIG), pasando pola Intersindical Nacional Galega (ING), a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e a Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), entre outras centrais sindicais.

O Centro de Documentación está situado na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 – 3º de Compostela (sede nacional da CIG), contando co apoio da Deputación da Coruña, ao través do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

O responsábel do Centro de Documentación é o profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez. As consultas presenciais realizaranse sempre baixo a supervisión da persoa responsábel do Centro de Documentación.

O horario de atención ao público do Centro de Documentación é de 10.30 a 15.00 hrs os luns, xoves e venres, podendo realizarse consultas presenciais das series documentais, previa cita, en horario de mañá ou tarde. A tal efecto pódese escribir ao seguinte enderezo electrónico: centrodedocumentacion@fundacionmonchoreboiras.gal

 

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |