Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A proclamación obreira da República Galega en 1931 (video-reportaxe)

A Fundación Moncho Reboiras conmemora o 90 aniversario da declaración da República Galega en Ourense e Compostela no marco do conflito do camiño de ferro (25,26 e 27 de xuño de 1931) co relanzamento dunha curta documental que analiza uns acontecementos históricos que amosan a íntima implicación entre a liberación nacional e as loitas obreiras no noso país. A video-reportaxe de 13 minutos de duración, foi coordenada por Manuel Mera e realizada por Bernal Rúa, e conta coas intervencións dos historiadores Xerardo Dasairas e Uxío-Breogán Diéguez. O audiovisual complementa á publicación "As folgas do ferrocarril Zamora-A Coruña de 1931-32", publicada no 2012 e que a día de hoxe tamén aproveitamos para relanzar.

Ler máis...

Encontro con Ricardo Antunes sobre A "Uberización" do traballo

Nun mundo afogado polo sistema capitalista e o patriarcado, en constante ebulición e derretemento, a achega de análises arredor da clase traballadora non é algo doado. O sociólogo e profesor brasileiro, Ricardo Antunes, converteuse nun dos referentes á hora de tirar reflexións sobre a clase traballadora para encamiñar a loita obreira, social e política. O pasado 22 de novembro do 2019 mantivo un encontro con integrantes do Consello Confederal da CIG

Ler máis...

Crónica audiovisual do encontro “Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen estado"

O pasado 9 de maio, o 'Mestrado Oficial en Políticas Sociais e Intervención sociocomunitaria’ da Universidade da Coruña (UDC) organizou unha posta en común baixo o titulo "Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen Estado".

Ler máis...

Crónica audiovisual do encontro “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado”

Neste acto participaron os secretarios xerais de ELA (Euskal Herria), Adolfo Muñoz, CSC (Catalunya), Carles Sastre e CIG, Paulo Carril, afirmaron na xornada de debate decorrida na Fundación ONCE da Coruña a necesidade de pular pola soberanía dos nosos respectivos pobos como fórmula para defender os dereitos das maiorías fronte á ditadura dos mercados, nun camiño superador do capitalismo.

Ler máis...

Entrevista a Adrián Sotelo

Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), estivo no noso país a comezos do verán para presentar O precariado. Unha nova clase social? No seu novo libro, publicado en galego pola Fundación Moncho Reboiras, o intelectual mexicano cuestiona as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

Ler máis...

[Booktrailer] O precariado. Unha nova clase social?

Traducido ao galego e editado recentemente pola Fundación Moncho Reboiras, este libro de Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), pon en debate as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

Ler máis...

Novo video documental: "70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio"

O audiovisual pretende por en valor o legado do Consello de Galiza fronte a un "proceso de xestación da autonomía que evitou calquera referencia ao único organismo herdeiro da legalidade usurpada ao pobo galego desde 1936", ao contrario que nos casos vasco e catalán cos seus respectivos organismos equivalentes. No relato, tamén se poñen de relevo os grandes esforzos para lograr unha definitiva aprobación do Estatuto Galego polo goberno da República no exilio fronte ás actitudes negadoras de importantes sectores do mesmo.

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |