Publicacións

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Guía Básica para o uso correcto da lingua galega

A Fundación Moncho Reboiras e a CIG publican unha Guía Básica para o uso correcto da lingua galega

Ler máis...

A cuarta entrega da Revista Enxergar xa na rede

Coincide a edición deste cuarto número de ENXERGAR coa conmemoración do 50 aniversario dunha efeméride de grande transcendencia para a clase traballadora galega; estámonos a referir ao asasinato en marzo de 1972, por parte da policía franquista, de Amador Rei e Daniel Niebla, traballadores de Bazán, en Ferrol.

Aqueles feitos tan convulsos, xunto coa existencia dun movemento obreiro cada vez máis organizado e contestatario, propiciou o escenario necesario para que a decisión político-ideolóxica de autoorganización do pobo galego, adoptada polo nacionalismo, se empezase a facer realidade entre a clase traballadora constituindose os primeiros xermolos sindicais promovidos pola Fronte Obreira da UPG.

Ler máis...

Nova edición do Boletín do Arquivo do sindicalismo nacionalista

Mediante esta publicación de carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o traballo realizado durante o 2021 no Centro de Documentación da propia central sindical.

Ler máis...

Sae á venda “O novo proletariado dixital na era do capitalismo pandémico”

A Fundación Moncho Reboiras, presenta o último traballo do profesor e investigador social basileiro, Ricardo Antunes. Nesta publicación presenta un retrato polo miúdo da clase traballadora do noso tempo, nas súas principais tendencias, e afonda na análise detalladas das mudanzas no mundo do traballo que se veñen producindo a escala planetaria.

Ler máis...

Sae á rede o terceiro número de Enxergar

Sae á luz pública este terceiro número da revista ENXERGAR con artigos de carácter sindical, laboral, económico ou histórico-cultural, da man de Bárbara Figueroa, o Colectivo Bidán, Pilar García Negro, Susana Méndez e Paulo Carril, cos que pretendemos dar a coñecer entre as nosas e os nosos lectores diferentes aspectos como: a realidade político laboral nun país de América do Sur (en concreto en Chile), a problemática do sector enerxético en Galiza, a relevancia na reclamación dos dereitos de Galiza de persoaxes históricos como Ricardo Carvalho Calero, a necesidade de dotármonos dunha rede pública integral de atención ás persoas dependentes ou as consecuencias que está a ter para a clase traballadora galega a pandemia da Covib-19 e a crise industrial.

Ler máis...

120 anos do I Congreso obreiro galaico-portugués

O 17, 18 e 19 de xaneiro do 1901 tivo lugar na cidade de Tui o I Congreso obreiro galaico-portugués

Ler máis...

Guia Básica da lingua galega 2020

A Fundación Moncho Reboiras e a CIG publican unha Guia Básica para o uso correcto da lingua galega

Ler máis...

Sae á rede o segundo número de Enxergar

Desde a Fundación Moncho Reboiras comprácenos presentarvos unha nova entrega da publicación, Enxergar, revista de pensamento e análise que sae á rede na véspera do 25 de xullo, Día da Patria Galega

Ler máis...

Xa na rúa un novo número do Boletín do Arquivo do sindicalismo nacionalista

Mediante esta publicación de carácter divulgativo, a Fundación Moncho Reboiras pretende pór en valor o traballo realizado durante o 2019 no Centro de Documentación da propia central sindical.

Ler máis...

Comprendermos | 19

Editamos en parcería co semanario Sermos Galiza, un novo número do Comprendermos, que poñemos agora a disposición do público no noso sitio web.

Ler máis...

2023 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |