Audiovisual

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

1º de maio: Emprego e salarios dignos (2010).

Video confeccionado para este 1º de maio onde economistas e membros da CIG analizan as causas, repercusións e posíbeis solucións á crise económica actual. Conta coas intervencións de Xabier Vence , María do Carmo García Negro, Xesús Seixo e Antolín Alcántara, entre outros. Este material foi proxectado nas asembleas previas ao 1º de maio que a CIG realizou por todo o país.

Ler máis...

Video-reportaxe: Campamento dos parados do Naval en Vigo.

A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Moitas son as actividades e distintas solidariedades que conseguiron nestes dias, mais para achegar máis persoas do sector a súa iniciativa, asi como informar á cidadania editaron 10.000 follas informativas dando a coñecer a súa situación. Máis info.

Ler máis...

Entrega do Premio 10 de Marzo (2010).

A Confederación Intersindical Galega celebrou  a cuarta edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega. Un acto de confraternidade no decurso do cal a central sindical recoñeceu ás traballadoras e traballadores de Caramelo, que protagonizaron o conflito que máis sobresaíu no ano 2009, polo seu exemplo como loita sindical na defensa dos postos de traballo, na defensa dos seus dereitos como clase e na defensa da súa dignidade. Unha loita que a CIG agarda que sirva como exemplo para o futuro.

Ler máis...

Entrega do Premio 8 de marzo da CIG (2010).

A Secretaría da Muller da CIG celebrou hoxe, no marco dun xantar de confraternidade, o acto de entrega do Premio do Día Internacional da Muller Traballadora, que foi outorgado ás traballadoras de Tréves, pola súa loita en defensa dos postos de traballo e contra a deslocalización da empresa. Máis info.

Ler máis...

Queremos Galego, manifestación do 21 de xaneiro (Compostela).

Vídeo da histórica manifestación celebrada o 21 de xaneiro, no marco dunha Folga no Ensino Non Universitario, baixo a convocatoria da Plataforma Queremos Galego contra do decretazo do Partido Popular.

Ler máis...

2020 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |