Como todos os anos, este ano 2022 tiveron lugar numerosos actos (Ferrol, Imo, Vigo, …) en lembranza e homenaxe ao compañeiro Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía franquista, na cidade de Ferrol, o 12 de agosto de 1975. Como todos os anos é habitual, a Fundación Moncho Reboiras depositou un centro floral na tumba de Reboiras no cemiterio de Imo.
Neste ano 2022 cúmprense 50 anos dun dos sucesos máis traumáticos da historia do movemento obreiro galego, como foi o metrallamento, por parte da policía franquista, dunha manifestación de traballadores da empresa BAZÁN (hoxe Navantia) en Ferrol, o 10 de marzo de 1972, que se saldou coa morte de dous traballadores, Amador Rei e Daniel Niebla, e con preto de trinta traballadores feridos de bala.
Coincide a edición deste cuarto número de ENXERGAR coa conmemoración do 50 aniversario dunha efeméride de grande transcendencia para a clase traballadora galega; estámonos a referir ao asasinato en marzo de 1972, por parte da policía franquista, de Amador Rei e Daniel Niebla, traballadores de Bazán, en Ferrol.
Aqueles feitos tan convulsos, xunto coa existencia dun movemento obreiro cada vez máis organizado e contestatario, propiciou o escenario necesario para que a decisión político-ideolóxica de autoorganización do pobo galego, adoptada polo nacionalismo, se empezase a facer realidade entre a clase traballadora constituindose os primeiros xermolos sindicais promovidos pola Fronte Obreira da UPG.
A Fundación Moncho Reboiras, presenta o último traballo do profesor e investigador social basileiro, Ricardo Antunes. Nesta publicación presenta un retrato polo miúdo da clase traballadora do noso tempo, nas súas principais tendencias, e afonda na análise detalladas das mudanzas no mundo do traballo que se veñen producindo a escala planetaria.
Nun mundo afogado polo sistema capitalista e o patriarcado, en constante ebulición e derretemento, a achega de análises arredor da clase traballadora non é algo doado. O sociólogo e profesor brasileiro, Ricardo Antunes, converteuse nun dos referentes á hora de tirar reflexións sobre a clase traballadora para encamiñar a loita obreira, social e política. O pasado 22 de novembro do 2019 mantivo un encontro con integrantes do Consello Confederal da CIG