Unha delegación da Fundación Moncho Reboiras desprazouse ao cemiterio de Imo (Dodro), para rendirlle tributo ao militante nacionalista neste cuadraxésimo oitavo cabodano do seu asasinato na rúa da Terra, en Ferrol, a mans da policía franquista. Daquelas Reboiras Noia estaba en Ferrol organizando unha célula encamiñada a sentar as bases na cidade departamental do recén creado Sindicato Obreiro Galego (SOG).
Desde a Fundación Moncho Reboiras vénse de editar o nº5 de Enxergar. Revista de pensamento e análise. Nesta ocasión colaboran neste novo número da publicación o profesor e economista Alberte Blanco Casal, o secretario xeral da CIG Paulo Carril, o xornalista Iván García Riobó, a historiadora e catedrática Aurora Marco, o docente e exparlamentario Alfredo Suárez Canal, a politóloga Nithya Nagarajan e o exparlamentario Francisco Rodríguez Sánchez. Podes visualizar e ler a través da nosa web os contidos da publicación.
Neste ano 2022 cúmprense 50 anos dun dos sucesos máis traumáticos da historia do movemento obreiro galego, como foi o metrallamento, por parte da policía franquista, dunha manifestación de traballadores da empresa BAZÁN (hoxe Navantia) en Ferrol, o 10 de marzo de 1972, que se saldou coa morte de dous traballadores, Amador Rei e Daniel Niebla, e con preto de trinta traballadores feridos de bala.
Nun mundo afogado polo sistema capitalista e o patriarcado, en constante ebulición e derretemento, a achega de análises arredor da clase traballadora non é algo doado. O sociólogo e profesor brasileiro, Ricardo Antunes, converteuse nun dos referentes á hora de tirar reflexións sobre a clase traballadora para encamiñar a loita obreira, social e política. O pasado 22 de novembro do 2019 mantivo un encontro con integrantes do Consello Confederal da CIG