Artigos

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

[Monográfico] Un novo Pacto da Moncloa coa patronal e sindicatos pactistas en primeira liña

O chamado Pacto da Moncloa do 25 de outubro de 1977, volve estar de actualidade co motivo da crise económica e social provocada polo COVID-19. As chamadas por parte do goberno do Estado español coa complicidade da patronal e os sindicatos estatais, procuran emular unha fórmula similar para afrontar a situación actual. Isto obríganos como clase traballadora consciente a profundizar no que significou ese pacto, ligado á consolidación da chamada "transición democrática". Unha transición, que se impedira a ruptura democrática, con todo o que tería significado: república e hexemonía das clases populares, e polo tanto unha clara consolidación dos dereitos sociais e nacionais negados. 

Agora ben, sen dúbida ten diferencias no momento histórico e nas formas, como se verá polo seguinte traballo de análise en profundidade -da autoría de Manuel Mera-, porén no aspecto esencial existe unha importante coincidencia conceptual entre ambos. Concretamente, na cesión que se fai de dereitos conquistados pola clase traballadora (con moito esforzo) aos grupos dominantes.

Acrecentamos ademais o artigo cunha serie de anexos coa vocación de favorecer unha maior profundización na análise sobre o devandito acordo e máis sobre a oposición da clase traballadora galega ao mesmo, que se manifestou por exemplo na xornada de loita convocada polo incipiente sindicalismo nacionalista.

Ler máis...

Tratado de Maastricht, dixemos non e o tempo deunos a razón

 

Por este acordo entre o 1 de xaneiro de 1994 (hai 25 anos) e o 1 de xaneiro de 1999 os países membros da Unión Europea tiñan que coordinar as súas políticas económicas. Para cumprir este obxectivo fixouse para finais de 1993 a plena liberalización de capitais, e a creación dunha moeda común, o euro, que comezaría a circular o 1 de novembro de 1999, data para a que tamén marcaba uns criterios de converxencia, e como engado para os países mais afectados creábase un Fondo de Cohesión.

 

Ler máis...

1978, a constitución que Galiza non votou

Este 6 de decembro cúmprese catro décadas da aprobación da Constitución Española. E polo tanto será celebrado por todo o alto polas clases dominantes e satélites. Neste texto facíanse algunhas cesións, como a constitución das autonomías e algúns dereitos democráticos básicos, e como contrapartida consolidaba a unidade do Estado español, baixo o paraugas da Monarquía e a batuta de Madrid, e daba novos folgos ao capitalismo.

Ler máis...

Paremos ao Governo!

Hai 25 anos o sindicalismo nacionalista realizaba varias manifestacións que tiveron unha gran incidencia. O 10 de novembro unha na Coruña de toda Galiza, cunha asistencia de máis de 2.000 delegados e delegadas, e o 25 do mesmo mes en todas as cidades galegas máis Vilagarcia. Este último día CC.OO e UGT chamaron a protestas en todo o Estado. A consigna da manifestación da CIG nesta data era: paremos o Governo! Folga xeral polo emprego!

Ler máis...

A ‘Asambleia Nazonalista de Lugo’ (1918). O centenario da primeira grande cimeira do nacionalismo galego

Contra todo prognóstico, a militancia galeguista que se reunía un 18 de maio de 1916 na Coruña, para dar lugar á Hirmandade dos Amigos da Fala, sería o xermolo dun vizoso movemento que vería nacer ducias de grupos locais que articularían a nivel nacional o soberanismo galego durante o primeiro terzo do pasado século. De cara a homoxeneizar a súa estrutura e funcionamento, aprobarían un ‘regramento’ que, por volta do 12 de xuño do 1918, apresentábase no Goberno Civil da Coruña para ser legalizado.

Ler máis...

A política de pactos sociais no Estado español

O 25 de outubro de 1977, en pleno proceso de cambio do réxime ditatorial franquista a un réxime de democracia burguesa, tiña lugar o asinamento dos Pactos da Moncloa entre o Goberno de Estado e as principais forzas políticas da dereita e da esquerda española con representación parlamentaria, e que finalmente contou co apoio das forzas sindicais españolas, CCOO e UGT.

Ler máis...

Todos por Galiza !!!

Esta foi a consigna coa que hai vinte e cinco anos, o 2 de abril de 1992, as centrais obreiras e labregas do país convocaron unha folga xeral nacional.

Ler máis...

Reboiras: militante exemplar

Por Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras Un 12 de agosto de hai trinta e oito anos, en Ferrol, na noite, unha ráfaga de metralleta segou a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, militante nacionalista de vintecinco anos

Ler máis...

Moncho Reboiras, vontade de liberación

O vindeiro 12 de agosto cumpriranse 39 anos de que o militante comunista e nacionalista galego Xose Ramón Reboiras Noia morrera asasinado a tiros da policía española no portal número 27 da Rúa da Terra en Ferrol

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |