Artigos

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

14 días de folga no transporte de Lugo (1977).

No ano 1977 a provincia de Lugo foi escenario de varios e importantes conflitos e mobilizacións sociais, unha situación que desde a realidade actual pode que non sexa doado entender, polo que é un motivo máis pra lembrar estes feitos a fin de comprender a enorme transformación económica e social que houbo desde aquela conxuntura histórica.

Ler máis...

Acordo unificación ING-CTG (1980)

No serán do 3 de outubro de 1980 realizouse no Quiosco Alfonso da Coruña a sinatura do acordo de unificación entre a Intersindical Nacional Galega (ING) e máis a Confederación de Traballadores Galegos (CTG), diante duns 600 delegados e delegadas das dúas centrais sindicais, o que deu lugar á INTG. Desde a FESGA aportamos un caderno que repasa un episodio mais dentro da acumulación de forzas do sindicalismo nacionalista e de clase na Galiza.

Ler máis...

Temidos e respectados, a insurrección de abril de 1846 en Galiza

En 1846 tería lugar no noso país unha insurrección que deixaría fonda pegada na historia da nosa nación. O proceso insurreccional tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar ao governo do conservador Narvaez (do partido moderado), primeiro, e despois substituído por Istúriz, e recobrar a unidade territorial de Galiza que se consideraba pola Xunta Superior de Galiza “unha colonia da Corte”.

Ler máis...

Álvaro Cunhal, fillo adoptivo do proletariado

No seguinte texto da autoría de Xurxo Martínez Crespo mergullámonos na biografía dunhas das figuras de maior relevo da esquerda portuguesa. Álvaro Cunhal, quen fóra Secretario Xeral e indiscutíbel lider do Partido Comunista Portugués, coadxuvou a escribir algunhas das máis importantes páxinas da historia do país irmán. O seu infatigábel compromiso militante, como patriota e comunista exemplar, marca o perfil de quen desde a práctica e a teoría fixo importantes achegas ao movemento comunista internacional. Se o PCP foi e segue a ser unha referenza para todos os movementos emancipadores de Europa e do Mundo, en boa parte débese ao contributo incalculábel de Cunhal.

Ler máis...

Arredor de José María Mosqueira Manso.

A vida do capitán Mosqueira Manso deixa pequena a de calquera aventureiro do cine. Ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador, mariño. A Mosqueira Manso debemos a honra, en pleno século XX, de que moitos dos mapas realizados por vez primeira en Venezuela e na República Dominicana levasen a sinatura deste ilustre cormés. Estudoso das tartarugas do Orinoco, o seu traballo verbo as tartarugas arrau (podocnemis expansa) e o descubrimento das tartarugas albinas, hoxe, medio século despois, continúa a ser de gran valía para os estudos destes réptiles.

Ler máis...

As outras loitas nacionais alternativas no marco da crise neoliberal.

Ante todo, quero agradecer ao Partido do Traballo de México a invitación para participar deste Seminario Internacional que, debo afirmar, en todas as ocasións anteriores nas que acudín foi enormemente positivo, tanto polo nivel das intervencións, como polo contraste de realidades, ideas e experiencias.

Ler máis...

Pronunciamento da CIG ante a agresión militar ao pobo libio.

Ante a situación creada nos últimos días en torno a Libia, país que está a ser obxecto dunha agresión militar promovida por intereses de carácter puramente imperialista, a Executiva Confederal da CIG, reunida na cidade de Compostela hoxe martes 22 de marzo de 2011, quere facer pública a súa valoración do conflito:

Ler máis...

Baldaio, a rebeldía teimosa.

No seguinte traballo, da autoría de Manuel Mera, dase conta do histórico proceso mobilizador que tivo lugar en Baldaio na altura do 1977, e que marcou un fito na capacidade de mobilización social do movemento nacional popular galego naquela altura

Ler máis...

2021 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |