Novas

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A ‘uberización’ do traballo

O profesor de Socioloxía do Traballo da Universidade Estadual de Campinas, no Brasil, Ricardo Antunes, visitou Galiza, convidado pola Fundación Moncho Reboiras e a CIG, para compartir as súas análises sobre a cada vez maior deterioración das condicións laborais a consecuencia da terceirización da economía. Unha charla para a que el mesmo propuxo dous posibles títulos: “A uberización do traballo” ou “O capitalismo de plataforma e a protoforma do capitalismo” e na que presentou, ademais, o seu último libro, O privilégio da servidão: O novo proletariado de serviço na era digital.

Ler máis...

Documentación do primeiro Congreso da CIG

Aquel xermolo que agromaba o 19 de marzo de 1994 na unificación entre a CXTG e INTG, dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG) converteuse hoxe, no referente sindical no noso país polo seu compromiso coa nación galega, polo seu carácter reivindicativo, combativo e de clase

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Compostela

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Santiago de Compostela sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo de 2018.

Ler máis...

2003, Cando a rúa fervía. Nunca Máis e Non á Guerra, un antes e un despois que non se pode ignorar

 

Reflexionar sobre a historia do país é unha obrigación para todos e todas e, moi especialmente, para os/as que teñen unha responsabilidade política, sindical, social.

 

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Vigo e Lugo

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Vigo e outra en Lugo sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo.

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” martes 27 de novembro en Ferrol e A Coruña

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio na Coruña e outra en Ferrol sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo.

Ler máis...

A soberanía: alternativa á ditadura do mercado

O vindeiro venres, día 5 de outubro terá lugar a derradeira conferencia que se enmarca nos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que organizamos conxuntamente coa Fundación Galiza Sempre e Coppieters Foundation.

Ler máis...

A articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da UE

O vindeiro sábado 7 de xullo, continuamos coas mesas redondas dos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que celebramos coa Fundación Galiza Sempre, Coppieters Foundation e a Fundación Moncho Reboiras.

Ler máis...

Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen estado

Este mércores, 9 de maio, o 'Mestrado Oficial en Políticas Sociais e Intervención sociocomunitaria’ da Universidade da Coruña (UDC) organiza a posta en común "Pasado e presente da colonialidade e dos pobos sen Estado".

Ler máis...

Dereitos dos Pobos de Europa

Dereitos dos Pobos de Europa. Encontros Internacionais
Os pobos de Europa e a articulación dos seus dereitos na UE e nos seus Estados membros

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |