Novas

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A FESGA organiza en Lugo as Xornadas Internacionais de Economía "Comprendermos a crise"

Os vindeiros 23 e 24 de novembro, a Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) organiza en Lugo, no Museo Provincial, co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo as XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMÍA:  “COMPRENDERMOS A CRISE E OS SEUS EFECTOS NO BENESTAR SOCIAL

Ler máis...

Sermos Galiza estrea xornal dixital

O grupo de comunicación Sermos Galiza lanzou hoxe á Rede o seu xornal dixital. Polo momento en fase beta. Accesíbel desde ás 8h desta mañá no dominio www.sermosgaliza.com, o dixital ofrecerá unha análise diaria da actualidade galega e internacional, no que atinxe á política, á sociedade, á economía ou ao mundo do traballo. A cultura e a ciencia terán tamén un espazo propio na publicación.

Ler máis...

Charla con Isabel Rauber, presentada por Xesús Seixo (15 de decembro na Universidade de Compostela)

A FESGA-Fundación Moncho Reboiras organiza unha charla-coloquio coa pensadora latinoamericana Isabel Rauber, baixo o título "Movementos sociais e construción de poder popular, unha ollada desde América Latina". Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, será o encargado de apresentar o acto.  A organización xuvenil Galiza Nova colabora na organización do mesmo.

Ler máis...

A FESGA pasa a denominarse Fundación ‘Moncho Reboiras’ para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical de Galiza

O padroado de FESGA, fundación presidida polo Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, acordou o pasado 15 de abril, a proposta do Consello Confederal da central sindical, pasar a denominarse Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical de Galiza. Para o cambio de denominación seguíronse todos os trámites legalmente estabelecidos e contouse coa aprobación da familia.

Ler máis...

Cursos de Formación Sindical 2011-2012

A seguir preséntanse os calendarios por comarcas nos que se recollen a relación de Cursos de Formación Sindical que FESGA oferta á Confederación Intersindical Galega (CIG). Estas accións de formación intersectorial dirixidas preferentemente a persoas ocupadas, teñen por obxecto contribuír a un mellor coñecemento da lexislación laboral, a negociación colectiva, o cálculo de nóminas e liquidacións e a adquisición de habilidades sociais e comunicacionais. Os cursos están financiados polo Fondo Social Europeo a través da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Ler máis...

A iniciativa social 'Sermos Galiza' pulará pola creación dun xornal dixital e dun semanario impreso galegos e en galego.

As escritoras Marga Romero e Teresa Moure e o profesor da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato actuaron como portavoces da iniciativa Sermos Galiza, un proxecto que consideran “urxente e necesario” nun momento de abafamento dos medios en galego. O obxectivo de Sermos Galiza é ofrecer á cidadanía un produto informativo novo e distinto, ao dicir dos seus promotores, “que defenda os intereses da Galiza na nosa lingua, que cree redes de participación e sexa a voz da cidadanía e que sexa, en definitiva,  un proxecto colectivo que nace e se desenvolve pola forza e o entusiasmo dos e das que cremos neste país e no seu futuro”.

Ler máis...

Gonzalo Gómez palestrou en Vigo sobre a situación do proceso revolucionario en Venezuela.

Onte tivo lugar en Vigo unha conferencia-coloquio organizada pola FESGA, na que o co-fundador do diario dixital Aporrea.org e integrante do PSUV, Gonzalo Gómez Freire palestrou sobre en que situación se acha o proceso revolucionario bolivariano en Venezuela.

Ler máis...

FESGA organiza a conferencia-coloquio: "Venezuela, revolución e poder obreiro".

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar para o vindeiro martes 11 de xaneiro, a partir das 20h, unha conferencia que baixo o título "Venezuela, revolución e poder obreiro" terá lugar na sede comarcal da CIG de Vigo (Rúa Gregorio Espino 47). No perfil da fundación na rede social Facebook foi creado un evento con esta convocatoria que podes axudar a difundir.

Ler máis...

Conferencia sobre a situación política e social no Uruguai a cargo de Leonardo Batalla

O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de  Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.

Ler máis...

Conferencia-coloquio de Adrián Sotelo: “Crise, resistencias e alternativas. Unha perspectiva desde México”

O vindeiro venres 13 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h., no local da CIG en Compostela, no marco da actividade de formación sindical da CIG, a Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA) organizará unha conferencia-coloquio, a cargo do sociólogo Adriano Sotelo, sobre a situación política e social en México no contexto da actual crise do capitalismo mundial.

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |