Publicacións

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Portada Novas Documentos Publicacións Análise Audiovisual Arquivo Histórico Da lingua galega e nós

Co título “Da lingua galega e nós” a FESGA editara un caderno de formación no que a través de catro textos da autoría de Pilar García Negro, Rafa Villar, Manuel Mera e Anxo Louzao, afóndase no valor capital que ten o idioma para a nosa nación, como un dos principais soportes da nosa identidade colectiva.

Ler máis...

As folgas xerais de 2001 e 2002. Contra a reforma laboral e en defensa da protección social

Baixo o título “As folgas xerais de 2001 e 2002. Contra a reforma laboral e en defensa da protección social.” FESGA editou hai varios meses un libro, coa colaboración da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza e a da CIG, e que a seguir dispoñibilizamos para a súa visualización e descarga en PDF.

Ler máis...

A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país

Baixo o título “A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país” FESGA editou hai varios meses un libro do que se tiraron 4.000 exemplares, coa colaboración da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza e a da CIG, e que a seguir dispoñibilizamos para a súa visualización e descarga en PDF.

Ler máis...

Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias

Elaborado por unha solvente equipa de investigadoras e investigadores da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas (FISYP), entidade adherida ao Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO), o caderno titulado “Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias”, que a seguir presentamos e que foi editado no marco da serie de “Experiencias Internacionais” de publicacións de FESGA, é unha obra completa que permite unha aproximación ao cooperativismo como mecanismo de construción de espazos de poder popular.

Ler máis...

Construción popular cooperativa. A experiencia do MTL na Arxentina

O movemento Territorial de Liberación (MTL) é un movemento de traballadores ocupados e desocupados que naceu na Arxentina. Como tal movemento, e coa súa dinámica propia, está integrado na Central de Traballadores Arxentinos (CTA). O MTL conta cuns 20.000 membros repartidos nas 17 provincias da República Arxentina.

Ler máis...

Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984

Ven de saír do prelo a última publicación editada por FESGA. Desta volta trátase dun libro, de 80 páxinas a toda cor, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984″, no que se fai un percorrido sobre a historia do movemento obreiro do noso páis desde as xuntas cenetistas de A Coruña até as folgas do naval en 1984. O percorrido é guiado por tres historiadores contemporaneistas de prestixio, como son Uxío-Breogán Diéguez, Dionisio Pereira e Bernardo Máiz.

Ler máis...

125 aniversario da morte de Rosalía de Castro

Vense de editar desde FESGA un novo políptico a toda cor. Desta volta, o folleto está centrado na figura máis significativa, e ao tempo máis universal, das nosas letras: Rosalía de Castro. Co gallo do 125 cabodano desta importantísima literata galega, e co obxecto de pular na divulgación da súa obra e perfil biográfico, preséntase este traballo que recolle un texto titulado “Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega”, da autoría da prestixiosa escritora e sociolingüista Pilar García Negro, así como unha escolma de textos de Rosalía de Castro.

Ler máis...

Percorrido pola historia da nación galega. Edición en caderno

“Percorrido pola historia da nación galega” foi o primeiro dunha serie tres folletos polípticos, no que se debulla de xeito ameno e sintético os principais trazos da historia da nosa nación dende a cultura castrexa até a década dos 90 do século XX, cunha importante presenza gráfica a través de ilustracións e fotografías. A vixente ocultación da historia de Galiza, é unha teima deliberada do españolismo para diluir a nosa identidade colectiva diferenciada, polo que a divulgación do coñecemento das orixes do noso pobo amosase coma un contributo positivo na dignificación da nosa identidade nacional.

A seguir preséntase unha nova edición dese material desta volta en formato caderno.

Ler máis...

Síntese histórica do soberanismo galego (1846-1936)

O historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Director do Centro de Estudos e Divulgación Alexandre Bóveda e Presidente da Asociación Galega de Historiadores, é autor deste interesante percorrido histórico do soberanismo galego, dende os seus albores na segunda metade do século XIX até a guerra civil de 1936, no que se achegan de xeito sintético a evolución deste significado movemento político que partindo do recoñecemento da entidade nacional galega reivindica o exercicio da soberanía plena, facendo unha atinada diagnose do papel que xogaron diversas organizacións dende a protonacionalista e agrarista Solidaridad Gallega até o Partido Galeguista de Bóveda e Castelao.

Ler máis...

A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas

O catedrático de economía da Universidade de Santiago de Compostela, Xavier Vence, describe nesta publicación as orixes e os mecanismos que orixinaron a actual crise sistémica, abordando as diferentes burbullas especulativas, o endebedamento e a perda de poder de compra por parte da maioría social, así como a incidencia das principais potencias na economía mundial.

Segundo Vence, e a senso contrario do sostido polos media do sistema, non estamos unicamente perante unha crise de carácter económico-financeiro, senón que a esta hai que engadirlle outras non menos graves como son as crises enerxética, alimentica e de materias primas, o que no seu conxunto demostra a falencia e fracaso do modelo neoliberal. Así mesmo analizanse os posíbeis escenarios futuros e presenta unha serie de propostas e alternativas coas que facer fronte á crise.

Ler máis...

2021 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |